Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2016/608-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Estaciones de Servicio Exnor, S.L.

Domicilio social: rúa Castelao, nº 146, baixo, 36980 O Grove.

Denominación: LMTS, CT do Vinquiño II.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con conductor RHZ1 de 112 metros de lonxitude, con orixe e final no paso aerosubterráneo proxectado no apoio existente nº 9RKW90AT/30 da VLG804 Sanxenxo, entre os CC.TT. do Vinquiño e Fontoira, unha vez que entre e saia do centro de transformación proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400 V, situado no Vinquiño, Padriñán, Sanxenxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 23 de novembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra