Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación, trámite ordinario e anticipado de gasto, para a contratación non suxeita a regulación harmonizada da execución de obras públicas hidráulicas, cofinanciadas nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (clave OH.436.948 e unha máis).

missing image file

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Tipo de contrato: obra.

d) Obtención de documentación e información.

1º. Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

– Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

– Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición e lugar de execución: solucións aos problemas de inundacións do Concello de Valga. Mellora do río Soutiño. Fase II. Valga (Pontevedra).

Número de expediente: OH.436.948.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 765.661,30 euros. Importe total: 926.450,17 euros.

Prazo de execución (meses): seis (6).

Clasificación: grupo E, subgrupo 5, categoría 3 ou grupo E, subgrupo 5, categoría d.

Solvencia: só para as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo non clasificadas en España, cun importe mínimo de 535.962,91 euros.

CPV: 45246400-7.

b) Descrición e lugar de execución: rede separativa na rúa Manuel Lago, Fisterra (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1023.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 316.503,96 euros. Importe total: 382.969,79 euros.

Prazo de execución (meses): catro (4).

Solvencia: acreditarase indistintamente coa xustificación da clasificación no grupo E, subgrupo 1, categoría 2, ou no grupo E, subgrupo 1, categoría c, ou coa xustificación das condicións mínimas de solvencia cun importe mínimo de 221.552,77 euros.

CPV: 45231300-8.

3. Financiamento europeo.

Estas actuacións cofinanciaranse pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. En concreto, a obra indicada coa letra a) enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5 «medidas de prevención e xestión das inundacións na demarcación hidrográfica Galicia-Costa»; prioridade de investimento 5.2. «fomento de investimento para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes»; obxectivo específico 5.2.1. «fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil.»; actuación 5.2.1.4. (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operación (CPSO) «medidas de prevención e xestión das inundacións na demarcación hidrográfica Galicia-Costa» e a obra indicada coa letra b) enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2. «o investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1. «culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.2. (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operación (CPSO) «reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas». Unha maneira de facer Europa.

4. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego administrativo e no perfil de contratante.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído, para cada un dos contratos.

6. Requisitos específicos do contratista.

– Clasificación: calquera das exixidas para os contratos.

– Solvencia: as condicións mínimas de solvencia económica e financeira coa cifra anual de negocios e solvencia técnica coa relación das obras executadas cos importes mínimos sinalados, segundo corresponda co contrato, para cada unha delas nos termos expresados no cadro de características do contrato e na cláusula 6.1.4.1. do prego administrativo.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 25 de xaneiro de 2017.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego administrativo. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.

c) Lugar de presentación: no Rexistro de Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A, relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar; do sobre B, cos elementos da oferta non valorables de forma automática; e do sobre C, cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo, localidade e código postal: Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 8 de febreiro de 2017 ás 9.00 horas e do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil de contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos licitadores seleccionados para ser adxudicatarios, proporcionalmente aos orzamentos de licitación dos contratos.

10. Outras informacións.

– CPA (codificación do obxecto do contrato): a indicada nos cadros de características dos contratos.

– Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

– Melloras e modificacións previstas: admítense melloras e prevese nos contratos a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego administrativo.

– Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificaráselles esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil de contratante.

– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil de contratante.

– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

– Expediente anticipado de gasto: estas contratacións están suxeitas á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016

A presidenta de Augas de Galicia
PD (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia