Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2016, do Servizo da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de conexión CG-1.5 en Sampaio-Portobravo (clave AC/12/031.01).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu número 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

O 1 de xullo de 2015 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado e o estudo de impacto ambiental da obra de conexión CG-1.5 en Sampaio-Portobravo, de clave AC/12/031.01.

Con data do 14 de xullo de 2016, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas mencionadas obras, mediante o Decreto 91/2016, publicado no Diario Oficial de Galicia do 1 de agosto de 2016.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Noia para que comparezan no lugar, na data e na hora que se detallan a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: edificio multiúsos do antigo matadeiro, no Espírito Santo, Noia.

Data: 25 de xaneiro de 2017, desde a letra A ata a letra I, das 9.30 ás 13.30 horas.

Data: 26 de xaneiro de 2017, desde a letra L ata a letra Z, das 9.30 ás 13.30 horas.

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no Concello de Noia e no Servizo da Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestuturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer nº 2-8ª).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución. Poden facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e do 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servizo da Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer nº 2-8ª), as alegacións que consideren pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

A Coruña, 5 de decembro de 2016

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo da Delegación Provincial da Coruña