Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan a Unión Fenosa Distribución, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción dunha nova posición de liña de 66 kV, para conectar a liña Muros 2, na subestación de Mazaricos, no termo municipal de Mazaricos (expediente IN407A 2016/1067-1).

Logo de examinar o expediente instruído por pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. A subestación Mazaricos 220/66 kV está situada no termo municipal de Mazaricos, é propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A., obtivo a súa primeira acta de posta en servizo o 20.12.2001 e, na actualidade, está conformada polas seguintes instalacións: 1 parque de 220 kV en configuración de barra simple, 2 trafos trifásicos de potencia (T-I e T-II) 220/66 kV de 150 MVA cada un e refrixeración ONAF, 1 parque de xeración de 66 kV en configuración de barra simple, 1 parque de distribución de 66 kV en configuración de barra simple e 1 trafo de servizos auxiliares (T-I/SSAA) 66/0,4 kV de 630 kVA.

Segundo. O 31.5.2016 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción do proxecto de execución denominado Subestación Mazaricos 220 kV, liña Muros 2 66 kV.

Segundo consta no proxecto de execución, a infraestrutura eléctrica proxectada ten por obxecto a ampliación da subestación de Mazaricos, para a conexión da liña de 66 kV Muros 2, cunha nova posición de liña de 66 kV mediante a instalación dun módulo híbrido de transformador de tensión nominal 72,5 kV e intensidade nominal de 2.000 A.

Terceiro. O 23.6.2016 a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria (en diante, xefatura territorial) ditou resolución pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción do proxecto de execución denominado Subestación Mazaricos 220 kV, liña Muros 2 66 kV, no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2016/1067-1), que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 26.7.2016 e no Boletín Oficial da provincia do 8.7.2016.

Durante o período en que o proxecto de execución da devandita instalación eléctrica se someteu ao trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto. O 28.6.2016 a xefatura territorial trasladou as separatas técnicas do proxecto de execución da devandita instalación eléctrica, para os efectos de obter o seu informe ao respecto, ás seguintes entidades con bens ou dereitos afectados: Concello de Vimianzo.

Esta entidade non contestou nin á petición inicial nin á súa reiteración, polo que se entendeu a súa conformidade coa autorización da instalación, de acordo co disposto nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e sen prexuízo da autorización que, se é o caso, lle corresponda outorgar.

Quinto. O 5.10.2016 os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción e a para a súa remisión á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para que se prosiga coa súa tramitación.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e no Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción.

De conformidade co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas

RESOLVE:

• Outorgar á empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha nova posición de liña de 66 kV, para conectar a liña Muros 2, na subestación de Mazaricos, no termo municipal de Mazaricos (A Coruña).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución denominado Subestación Mazaricos 220 kV, liña Muros 2 66 kV, asinado polo enxeñeiro industrial Carlos Cristóbal Dolado (colexiado nº 17.068 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid), e no que figura un orzamento de 270.644 €.

Segunda. A empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Deberanse cumprir en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, aprobado polo Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro.

Terceira. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes e deberá comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.

Cuarta. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Unha vez construídas estas instalacións, a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. deberá presentar a solicitude de posta en servizo ante a xefatura territorial, quen deberá expedila tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

Quinta. A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

Sexta. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas