Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2017 Páx. 2970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 14 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 2016/3000-1).

Expediente: IN407A 2016/3000-1.

Solicitante: Udesa.

Denominación: LMT aérea SC 15/20 kV A Malata.

Concello: Abegondo.

Características técnicas:

A instalación proxectada consiste nun tramo de liña aérea e a substitución do actual centro de transformación A Malata:

Tramo 1: tramo aéreo en condutor cuberto CCX 47-AL1/8-ST1A 15/20 kV, de 34 metros de lonxitude, discorre polo lugar denominado A Malata no concello de Abegondo.

CTI A Malata. Centro de transformación de intemperie sobre apoio de formigón HVH 1600/11 cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación 15.000/400-230 V no lugar da Malata-A Ribela no concello de Abegondo.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 14 de decembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña