Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3390

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación do servizo de axuda no fogar.

No Pleno do 26 de decembro de 2016 aprobáronse o expediente de contratación e os pregos de condicións do servizo de axuda no fogar do Concello de Mos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: servizo de axuda no fogar do Concello de Mos (CPV 85310000-5).

Duración do servizo: dous (2) anos con posibilidade de prórroga ata un máximo de catro (4) anos.

3. Procedemento: aberto.

4. Prezo do contrato: o valor estimado (catro anos) do contrato é de 1.053.838,88 € máis 42.153,56 € de IVE.

5. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do Concello: http://www.mos.es/ e no concello de Mos. R/ Reguengo, 1, Petelos. 36416 Mos (Pontevedra). Teléfono: 986 33 12 00. Telefax: 986 33 66 18.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no concello de Mos (Pontevedra) durante os vinte e seis días naturais (26) desde o seguinte ao de publicación do presente anuncio no último boletín (DOG ou BOP), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no Rexistro Xeral do concello ou por calquera outro medio a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015.

b) Documentación que cómpre presentar: as proposicións en sobres pechados, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala nos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: na casa do concello de Mos, o sexto día hábil seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Mos, 27 de decembro de 2016

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa