Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2017 Páx. 31554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial para o cambio do número de prazas dunha granxa de gando porcino no concello de Dozón (expediente 2015-IPPC-M-61).

Para os efectos previstos no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro de 2013), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Proxecto básico modificación AAI explotación porcina. Explotación industrial porcina tipo mixto situada na parroquia do Sisto-concello de Dozón (Pontevedra). 2016.12,

Para que calquera interesado poida consultalo e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes. O documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-M-61.

Peticionario: Adolfo Campos Panadeiros.

Domicilio social: estrada de Lalín-Chantada, s/n, 36518 Dozón (Pontevedra).

Descrición da modificación: a granxa pasa de ter 2.400 prazas de porcas nais con leitóns de ata 20 kg, a ter 1.300 prazas de porcas nais con leitóns de ata 20 kg e 325 prazas para porcas nais cos leitóns ata o final da ceba (asociadas 3.720 prazas de porcos de ceba).

As actuacións consisten basicamente na adaptación das naves 10, 11 e 12 da granxa para a ceba dos porcos.

Verteduras: non se producen cambios con respecto á situación autorizada: as augas de limpeza das naves e as augas residuais sanitarias condúcense aos sistemas de almacenamento externo de xurro. As augas pluviais incorporaranse ao terreo sen depuración previa.