Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2017 Páx. 33236

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO da aprobación da aceptación da delegación de competencias en materia tributaria do Concello de San Sadurniño (recadación executiva).

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria do día 26 de maio de 2017, aprobou o seguinte:

«21. Aprobación da aceptación da delegación de competencias en materia tributaria do Concello de San Sadurniño.

1. Aceptar a delegación das competencias en materia tributaria acordada polo Concello de San Sadurniño na sesión plenaria do 16 de febreiro de 2017, en relación coa seguinte materia:

Recadación en período executivo de tributos, prezos públicos e calquera outro ingreso de dereito público de carácter non periódico ou de periodicidade inferior ao ano, que non fosen delegados previamente.

2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 8 de xuño de 2017

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía
Secretario xeral da Deputación
Provincial da Coruña