Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sandiás (expediente IN407A 2017/9-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMTS, CT (compacto), RBT Zadagós (ALL803).

Situación: Sandiás.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 20 kV de 1.194 m con condutor RHZ1-2OL 12/20kV1 × 240 mm2 Al e con orixe na LMTS procedente do CT Zadagós (intemperie) expediente 1855 AT e remate na LMTS ao CT Emilia Pardo Fernández (32ACN3).

– RBT aerosubterránea de 110 m en aéreo con condutor RZ e 215 m en subterráneo con condutor HZ1 derivada do CT proxectado Zadagós (compacto) manobra exterior de 160 kVA e R/T 20.000-400-230 V.

Orzamento: 144.426,18 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 19 de xuño de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense