Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33690

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2017 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2017.

Para os efectos previstos na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2017 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da

sinatura

Achega de

Portos de Galicia

Portos de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública

Desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

4.1.2017

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Pontedeume

Execución da obra de mellora da rede de saneamento existente na zona portuaria de Pontedeume

5.1.2017

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Moaña

Uso, mantemento e conservación dun edificio no porto de Meira para actividades deportivas, culturais, recreativas e formativas vinculadas con actividades marítimas e portuarias

11.1.2017

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Marín

Explotación do inmoble no porto de Aguete

21.3.2017

Non ten