Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2017 Páx. 36575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 7 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición do dereito mineiro (número 388 As Toxeiras), sito no concello de Vilar de Santos (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do dereito mineiro que se cita:

Número: 388.

Nome: As Toxeiras.

Tipo de dereito: autorización de explotación.

Peticionario: Áridos Jardón, S.L.

Domicilio: lugar de Casas de Veiga, 32650 Vilar de Santos.

Data de solicitude: 19 de maio de 2016.

Superficie: 13.413 m².

Recursos: recursos sección A (areas silíceas).

Concello: Vilar de Santos (Ourense).

Designación: parcela número 2105, polígono 501.

Ref. catastral: 32091ª501021050000LT.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1-3º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 7 de xullo de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense