Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38515

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2017 pola que se lle dá publicidade á encomenda de xestión á empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) para a limpeza, corte e venda de madeira dunha parcela de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia no concello de Valdoviño.

De conformidade co artigo 9.3 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico, dáse publicidade á encomenda de xestión a Seaga, que ten as seguintes características:

– Obxecto: limpeza da parcela e corte de todas as árbores existentes no inmoble, traslado e venda da madeira.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Seaga a consideración de medio propio instrumental da Administración, de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 13/2010, do 17 de decembro.

– Orzamento: 5.788,02 €

– Anualidade: 2017.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio