Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 38972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, do inicio do prazo para o trámite de audiencia no expediente 37/2017, de modificación do plano do convenio de Padrón, do concello da Fonsagrada.

De acordo co establecido no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos posibles interesados, o inicio do trámite de audiencia no expediente sinalado no anexo, de modificación do plano do convenio de Padrón (2717560), do concello da Fonsagrada (Lugo).

Dispoñen dun prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, para presentaren as alegacións, documentos e/ou as xustificacións pertinentes.

O citado expediente está á disposición dos interesados no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, 70, andar baixo, 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co establecido no artigo 44, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 20 de xullo de 2017

Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 37/2017.

Interesados: titulares das parcelas afectadas polo convenio.

Concello: A Fonsagrada.

Acto notificado: trámite de audiencia.