Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40635

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de licitación do contrato de servizo de mantemento e conservación de aparellos elevadores (ascensores e montacargas), portas automáticas/motorizadas e instalacións electromecánicas instaladas nas dependencias municipais ou dependentes deste concello.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: servizo de mantemento e reparación de aparellos elevadores portas automáticas/motorizadas e instalacións electromecánicas instaladas en dependencias municipais ou dependentes do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: 2 anos prorrogables ata un máximo de dúas anualidades.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 45.784,75 € (IVE incluído).

5. Valor estimado do contrato: 79.461,14 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa e na plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

Clasificación: non se exixe.

9. Presentación de ofertas: 15 días contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no DOG ou no BOP. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa, a través da plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Teléfono: 986 09 92 00. Fax.: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es.

10. Admisibilidade de variantes ou melloras: si. Véxase anexo VIII do PCAP.

11. Apertura do sobre 3: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), os días fixados no anexo I.28 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario ata un máximo de 2.000,00 €.

Vilagarcía de Arousa, 7 de agosto de 2017

Alberto Varela Paz
Alcalde