Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2017 Páx. 40842

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2017 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios polo sistema de promoción interna.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU, e no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo cal se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (en diante, RDCA), e a teor do establecido nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), da Xunta de Galicia (en diante, EUDC), en execución da oferta de emprego público (OPE) de persoal docente e investigador para o ano 2017, aprobada por Resolución do 7 de xuño de 2017 (DOG do 16 de xuño).

Esta reitoría, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 36 dos EUDC resolveu convocar concurso de acceso polo sistema de promoción interna para a provisión de prazas de catedrático de universidade, que se relaciona no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Bases da convocatoria

Primeira. Normas xerais

1. Este concurso rexerase pola LOU, o RDCA, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e Do procedemento administrativo común (en diante, LRxJAPPAC), os EUDC, a normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 10 de decembro de 2008 e, naquilo que non estiver previsto, pola lexislación xeral da función pública do Estado.

2. Os concursos de acceso terán un procedemento independente para cada praza ou prazas convocadas.

3. O cómputo dos prazos establecidos nesta convocatoria axustarase ao disposto no artigo 3 da normativa desta universidade pola cal se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios.

Para o cómputo dos prazos o mes de agosto será inhábil para todos os efectos.

Segunda. Requisitos dos candidatos

1. Requisitos xerais.

Para ser admitido á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles Estados, aos que, en virtude de tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta se define no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea.

Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estiveren separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan a súa conta. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así estea previsto nos tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España.

Igualmente, poderán participar os aspirantes de nacionalidade estranxeira non comunitaria, cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.

b) Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar os setenta.

c) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Os aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar que non foron sometidos a ningunha sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública .

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes á praza.

2. Requisitos específicos.

Ser funcionario ou funcionaria do corpo de profesores e profesoras titulares de universidade ou da escala de investigadoras e investigadores científicos dos organismos públicos de investigación, e ter prestados, como mínimo, dous anos de servizos efectivos baixo esta condición. Estar acreditado ou acreditada para o corpo docente de catedráticos e catedráticas de universidade conforme o establecido no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, modificado polo Real decreto 415/2015, do 29 de maio.

Considérase que posúe a acreditación regulada no Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, o profesorado habilitado conforme o establecido no Real decreto 774/2002, do 26 de xullo, polo que se regula o sistema de habilitación nacional para o acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso respectivos.

Os requisitos establecidos nas presentes bases deberán cumprirse no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión.

Terceira. Solicitudes

1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo III nesta convocatoria e serán dirixidas ao reitor da Universidade da Coruña no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria do Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo coincide en sábado ou día inhábil na universidade, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992.

2. As solicitudes serán presentadas no Rexistro Xeral (Reitoría, rúa da Maestranza, 9, A Coruña) ou nos rexistros auxiliares da Universidade da Coruña (Campus de Elviña e de Ferrol), ou de acordo coas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992. As solicitudes que se presentaren por medio das oficinas de Correos deberán ir en sobre aberto para que o persoal de Correos poida estampar nelas o selo de datas antes da súa certificación. As solicitudes que se fagan no estranxeiro poderán cursarse por medio das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

Os dereitos de exame serán de 40,74 euros e ingresaranse na conta corrente
0049-5030-15-2516011262, concursos-oposicións, no Banco Santander Central Hispano da Coruña. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da devandita entidade ou mediante transferencia bancaria na que deberá constar obrigatoriamente o nome e apelidos da persoa interesada e a referencia da praza á que concursa. En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.

3. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, sendo causa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participaren deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o devandito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Copia dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na base 2.2.

c) Xustificante orixinal do pagamento dos dereitos de exame.

Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame as persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 %. Tamén estarán exentas do pagamento as persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa, os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando copia orixinal ou compulsada da cualificación da minusvalía ou do documento acreditativo de familia numerosa segundo corresponda.

O certificado relativo á condición de demandante de emprego, cos requisitos sinalados, solicitarase na oficina dos servizos públicos de emprego. A acreditación das rendas realizarase mediante unha declaración xurada ou promesa escrita do solicitante. Ambos os dous documentos deberán xuntarse á solicitude.

4. Os erros de feito que se puidesen advertir, poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición do interesado. Os aspirantes quedan vinculados aos datos que fixesen constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1 para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola universidade.

Cuarta. Admisión dos aspirantes

1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes o vicerreitor de Profesorado da Universidade da Coruña ditará unha resolución aprobando a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión, que será publicada no taboleiro de anuncios da Reitoría da Universidade da Coruña e da Vicerreitoría do Campus de Ferrol e a título divulgativo no enderezo da internet
http://www.udc.es/persoal/ga/pdi/concursos/funcionarios.asp

2. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. Resoltas as ditas reclamacións publicarase nos mesmos lugares a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

Quinta. Comisión de acceso

1. De acordo co que establece o artigo 81 dos EUDC, a composición da comisión é a que figura no anexo II desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo. Salvo petición noutro sentido e autorizada, terá a súa sede e actuará no centro ao que se adscriba a praza convocada.

Conforme o establecido no artigo 6.4 do Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, os currículos dos membros das comisións de acceso faranse públicos e poderán ser consultados no Servizo de Persoal Docente e Investigador.

2. O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada, debidamente alegada polo interesado e así apreciada polo reitor. Os membros da comisión de acceso deberán absterse de actuar e os interesados poderán recusalos nos casos e polos motivos regulados na LRXAPPAC. Resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, os afectados serán substituídos polos seus respectivos suplentes, na súa falta, por orde correlativo e se non hai máis remedio resolverá o reitor.

3. A comisión de acceso deberá constituírse no prazo máximo de tres meses desde o día seguinte á data de publicación no BOE da correspondente convocatoria. Transcorrido o dito prazo sen que se constituira, o reitor procederá á substitución do presidente titular.

4. Dentro do dito prazo, o presidente, despois de consultar cos restantes membros ditará unha resolución que se notificará a todos os interesados cunha antelación mínima de quince días naturais respecto da data do acto para o que se lles cita, convocando a:

a) Todos os membros titulares da comisión de acceso e, de ser o caso, os suplentes, para efectuar acto de constitución desta e fixar a continuación e facer públicos os criterios específicos de selección. Na citación indicarase o día, hora e lugar para o acto de constitución.

b) Todos os aspirantes admitidos a participar no concurso, para realizar o acto de presentación de concursantes, con indicación do día, lugar e hora para a realización do devandito acto; para estes efectos o prazo entre a data prevista para o acto de constitución da comisión de acceso e a data sinalada para o acto de presentación non poderá exceder de dous días hábiles.

5. A constitución da comisión de acceso exixirá a asistencia da totalidade dos seus membros. Os membros titulares que non concorresen a este acto cesarán e serán substituídos polos seus respectivos suplentes. Unha vez constituída a comisión, no caso de ausencia do seu presidente será substituído polo vogal de maior categoría e antigüidade. O secretario será substituído, de ser o caso, polo vogal de menor categoría e antigüidade.

6. Para que a comisión de acceso poida actuar validamente requirirase a asistencia de, polo menos, tres dos seus membros entre os que figurarán obrigatoriamente o presidente e o secretario. Os membros da comisión que estivesen ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen incorrer.

Se unha vez comezada a primeira proba a comisión de acceso quedase con menos de tres membros, procederase ao nomeamento dunha nova comisión polo procedemento establecido no artigo 9 da normativa que regula os concursos e non poderán formar parte dela os membros da primeira que cesasen nesta condición.

7. No acto de constitución a comisión de acceso establecerá e fará públicos, antes do acto de presentación, os criterios de valoración do concurso adecuados ao perfil da praza.

8. Durante o desenvolvemento do concurso, a comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento a súa actuación axustarase ao disposto na LRXAPPAC.

Sexta. Acto de presentación

1. O acto de presentación será público e, no transcurso deste, os candidatos entregarán ao presidente da comisión de acceso, por quintuplicado, a seguinte documentación:

a) Curriculum vitae, no que se detallarán ou seu historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial, xunto cun exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos dos seus méritos. O curriculum vitae deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo IV.

b) Proxecto docente e investigador que o candidato se propón desenvolver de lle ser adxudicada a praza a que concursa. O dito proxecto axustarase, de fixarse na convocatoria, ás especificacións establecidas.

2. No acto de presentación, os concursantes recibirán cantas instrucións sobre a celebración das probas lles deban ser comunicadas. Así mesmo, determinarase mediante sorteo a orde de actuación dos concursantes e fixarase o lugar, data e hora de inicio das probas.

3. O secretario da comisión de acceso garantirá que a documentación que entreguen os concursantes poida ser consultada antes do inicio das probas polos candidatos.

Sétima. Realización das probas

1. Os concursos de acceso constarán das probas e axustaranse ao procedemento que establece o artigo 12 da normativa aprobada por Acordo do Consello de Goberno do 10 de decembro de 2008 pola que se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios na Universidade da Coruña.

2. As probas serán públicas e cada unha delas será eliminatoria.

3. Finalizada cada proba, cada membro da comisión entregaralle ao presidente un informe razoado, axustado aos criterios previamente fixados, de cada un dos concursantes, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.

4. Para superar a proba é necesario obter, cando menos, tres votos favorables dos membros da comisión de acceso.

5. A proposta de provisión de prazas realizarase con base nos votos favorables recibidos dos membros da comisión. No caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto do presidente.

Oitava. Proposta

1. Nun prazo máximo de cinco días, desde o seguinte á finalización das probas publicarase no taboleiro de anuncios do centro en que actúe a comisión de acceso, a proposta motivada e vinculante de nomeamento para a provisión da praza, con expresión de todos os candidatos propostos por orde de preferencia. Contra a dita proposta os concursantes poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días.

2. Unha vez que se publique, o presidente da comisión de acceso ou, de ser o caso, o secretario entregarán a proposta na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña xunto coas actas e cos informes que compoñen o expediente, un exemplar da documentación achegado por cada candidato coa xustificación documental correspondente e a certificación do secretario da comisión en que se faga constar a data de publicación no taboleiro do centro.

3. Tras finalizar o procedemento, a documentación dos concursantes quedará á súa disposición na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña de onde deberán retirala. Con todo, no caso de interposición de recurso non poderá retirarse ata que a resolución impugnada sexa firme, sen prexuízo de que os interesados poidan realizar copia da documentación para outros efectos.

4. Transcorridos seis meses desde a finalización do procedemento ou, no caso de haber recurso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza, a documentación que non fose retirada será destruída.

Novena. Nomeamento

1. O reitor da Universidade da Coruña efectuará o nomeamento como funcionario docente de carreira dos candidatos propostos pola comisión que especificará a denominación da praza: corpo e área de coñecemento. Comunicaráselle ao correspondente rexistro para os efectos de outorgamento de número do Rexistro de Persoal e inscrición nos corpos respectivos, remitirase para a súa publicación ao Boletín Oficial del Estado e ao Diario Oficial de Galicia e comunicaráselle á Secretaría Xeral do Consello de Universidades.

2. No prazo máximo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato proposto deberá tomar posesión do seu destino, momento no que adquirirá a condición de funcionario docente universitario de carreira do corpo de que se trate.

Décima. Comisión de reclamacións

1. Contra as propostas das comisións dos concursos de acceso, os concursantes poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días. Admitida a trámite a reclamación, suspenderanse os nomeamentos ata a súa resolución. A reclamación será valorada por unha comisión composta por sete catedráticos e/ou catedráticas de universidade pertencentes a diversos ámbitos do coñecemento, designados polo Claustro da Universidade, con ampla experiencia docente e investigadora.

2. A comisión de reclamacións oirá aos membros da comisión contra cuxa proposta se presentara a reclamación, e aos candidatos que participasen no concurso.

3. Esta comisión examinará o expediente relativo ao concurso para velar polas garantías establecidas e ratificará ou non a proposta reclamada no prazo máximo de tres meses, tras o que o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da comisión. O transcurso do prazo establecido sen resolver entenderase como rexeitamento da reclamación presentada.

4. As resolucións do reitor a que se refire o apartado anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Decimoprimeira. Norma derradeira

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 7 de agosto de 2017

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO I

Número de concurso: 17/002. Número de prazas: 1.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: Química Orgánica.

Departamento: Química.

Actividade docente e investigadora: materias da área.

Centro: Facultade de Ciencias.

Número de concurso: 17/003. Número de prazas: 1.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: Bioloxía Celular.

Departamento: Bioloxía.

Actividade docente e investigadora: 610G02007 Citoloxía.

Centro: Facultade de Ciencias.

Número de concurso: 17/004. Número de prazas: 1.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial.

Departamento: Computación.

Actividade docente e investigadora: 614G01066 Computación Gráfica e Visualización.

Centro: Facultade de Informática.

ANEXO II

Praza de catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: Química Orgánica.

Praza número: 17/002.

Comisión titular

Presidente: Norte Martín, Manuel, catedrático de universidade, Universidade de La Laguna.

Secretario: Jiménez González, Carlos, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Álvarez Domingo, María Mercedes, catedrática de universidade, Universidade de Barcelona.

Vogal 2º: Quiñoá Cabana, Emilio, catedrático de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 3º: Zubía Mendoza, Eva, catedrática de universidade, Universidade de Cádiz.

Comisión suplente

Presidente: Riguera Vega, Ricardo, catedrático de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Sardina López, Francisco Javier, catedrático de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 1º: Villaverde Cameron-Walker, María del Carmen, catedrática de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 2º: Álvarez Rodríguez, Rosana, catedrática de universidade, Universidade de Vigo.

Vogal 3º: Rodríguez de Lera, Ángel, catedrático de universidade, Universidade de Vigo.

Praza de catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: Bioloxía Celular.

Praza número: 17/003.

Comisión titular

Presidente: Anadón Álvarez, Ramón, catedrático de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaria: Manso Revilla, María Jesús, catedrática de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Rodríguez-Moldes Rey, Isabel, catedrática de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 2º: García Fernández, José Manuel, catedrático de universidade, Universidade de Oviedo.

Vogal 3º: Dávila Cansino, José Carlos, catedrático de universidade, Universidade de Málaga.

Comisión suplente

Presidente: Fernández López, Arsenio, catedrático de universidade, Universidade de León.

Secretaria: Rodicio Rodicio, María Celina, catedrática de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 1º: González Gallegos, Agustín, catedrático de universidade, Universidade Complutense de Madrid.

Vogal 2º: Berciano Blanco, María Teresa, catedrática de universidade, Universidade de Cantabria.

Vogal 3º: Escriba Ruiz, Pablo Vicente, catedrático de universidade, Universidade de Baleares.

Praza de catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial.

Praza número: 17/004.

Comisión titular

Presidente: Pazos Sierra, Alejandro, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Secretario: Maojo García, Víctor Manuel, catedrático de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Vogal 1º: Alonso Betanzos, Amparo, catedrática de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 2º: Luque Ruiz, Irene, catedrática de universidade, Universidade de Córdoba.

Vogal 3º: Gómez Nieto, Miguel Ángel, catedrático de universidade, Universidade de Córdoba.

Comisión suplente

Presidenta: Gómez Pérez, Asunción de María, catedrática de universidade, Universidade Politécnica de Madrid.

Secretario: Borrajo Millán, Daniel, catedrático de universidade, Universidade Carlos III de Madrid.

Vogal 1º: Isasi Viñuela, Pedro, catedrático de universidade, Universidade Carlos III de Madrid.

Vogal 2º: Arcay Varela, Bernardino, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 3º: Vila Miranda, María Amparo, catedrática de universidade, Universidade de Granada.

ANEXO III
Solicitude de participación

DATOS DA CONVOCATORIA

Número de concurso:

Corpo docente:

Área de coñecemento:

Departamento:

Centro:

Actividades asignadas á praza:

DATOS PERSOAIS E PROFESIONAIS

Primeiro apelido:

Segundo apelido:

Nome:

Data de nacemento:

Lugar de nacemento:

Provincia de nacemento:

NIF:

Domicilio/lugar para os efectos de notificacións:

Código postal:

Concello:

Provincia:

Enderezo electrónico e teléfono:

Caso de ser funcionario/a público de carreira:

Denominación do corpo ou praza:

Data de ingreso:

Organismo:

Número rexistro persoal:

Situación:

 Servizo activo

 Servizos especiais

 Excedente voluntario

 Outras:__________________________________________________________________________________

DOCUMENTACIÓN QUE ACHEGA

 Copia compulsada do título de doutor

 Copia da resolución que demostre estar acreditado/habilitado para o acceso ao corpo da praza

 Xustificante bancario do pagamento das taxas

 Outros

O/a abaixo asinante

SOLICITA:

ser admitido/a ao concurso da praza que se fai referencia comprometéndose, no caso de superalo, a formular o xuramento ou promesa de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

DECLARA:

que son certos todos e cada un dos datos consignados nesta solicitude, que reúne as condicións exixidas na convocatoria anteriormente referida, e todas as necesarias para o acceso á Función Pública.

............................................................, .......... de ......................de 20.....

(Sinatura)

REITOR DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

ANEXO IV
Curriculum vitae

Datos persoais:

Apelidos e nome.

Número do documento nacional de identidade. Lugar e data de expedición.

Nacemento (data, localidade e provincia).

Residencia (enderezo, localidade e provincia).

Teléfono e enderezo electrónico.

Categoría actual como profesor, centro, departamento e área de docencia actual.

Datas de resolución da acreditación ou habilitación.

Datos académicos:

1. Títulos académicos (clase, organismo e centro de expedición, data de expedición, cualificación se a houber).

2. Postos docentes desempeñados (categoría, organismo ou centro, réxime de dedicación, data do nomeamento ou contrato, data de cesamento ou remate).

3. Actividade docente desempeñada.

4. Actividade investigadora desempeñada.

5. Publicacións de libros e capítulos de libros (autor ou coautores, título, editor/es, editorial, data de publicación) (*).

6. Traballos científicos publicados en revistas españolas o estranxeiras (autor ou coautores, título, revista, número de páxinas, data de publicación) (*).

7. Outras publicacións.

8. Outros traballos de investigación.

9. Proxectos de investigación subvencionados.

10. Comunicacións e relatorios presentados a congresos (título, entidade organizadora, carácter nacional ou internacional, lugar e data).

11. Patentes.

12. Cursos e seminarios impartidos (con indicación do centro, organismo, materia, actividade desenvolvida e data).

13. Cursos e seminarios recibidos (con indicación do centro ou organismo, materia e data de celebración).

14. Bolsas, axudas e premios recibidos (con posterioridade á licenciatura).

15. Actividade en empresas e profesión libre.

16. Outros méritos docentes ou de investigación.

17. Outros méritos.

18. Cargos de xestión desempeñados (cargo, centro e período).

19. Coñecemento da lingua propia da UDC.

20. Dilixencia de referendo do currículum.

(*) Se están pendentes de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial.