Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2017 Páx. 41009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT 20 kV subestación eléctrica Barreiros, no concello de Barreiros (expediente 006/2016 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro), sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMT 20 kV, S.E. Barreiros.

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Finalidade: dar subministración á subestación de Barreiros, realizando extensión natural da rede de distribución eléctrica.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 1.100 m, con orixe no apoio 7 b proxectado entre os apoios 7 e 8 da LMT existente ao CT Pumar de Don, en condutor tipo LA-56 sobre 8 apoios metálicos e final no apoio 7 proxectado.

2. Liña de media tensión soterrada a 20 kV cunha lonxitude de 124 m con orixe no apoio 7 proxectado, en condutor tipo RHZ1 e final na subestación de Barreiros.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, de 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 22 de agosto de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Parcela nº

Ref. catastral

Paraxe

Termo municipal

Propietario

Tipo cultivo

Afección

Accesos

Apoio

Voo

Pol. nº

Parc. nº

Nome, apelidos e enderezo

Superficie ocupada m2

Lonxitude m

Superficie afectada m2

Lonxitude m

Superficie afectada m2

1

27027B0060150

90000LS

ZC Lourenzá Norte

Lourenzá

José Díaz Gil.

Pumar de Don, 15, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

PR

7b (1/2)

3

0

11

 

 

1A

27027B0060150

80000LE

ZC Lourenzá Norte

Lourenzá

José Díaz Gil.

Pumar de Don, 15, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

PR

 

 

0

3

 

 

2

27027B0060154

30000LE

ZC Lourenzá Norte

Lourenzá

Jesús Rodríguez Pedreira.

Pumar de Don, 4, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

MA

7b (1/2) Y 1

8

65

1021

175

691

4

27027B0060154

00000LX

ZC Lourenzá Norte

Lourenzá

José María Martínez Cienfuegos.

Pumar de Don, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

PR

 

 

10

295

 

 

5

6

1539

ZC Lourenzá Norte

Lourenzá

José Díaz Gil.

Pumar de Don, 15, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

MA

 

 

19

389

 

 

6

6

1553

ZC Lourenzá Norte

Lourenzá

Dirección Xeral do Patrimonio do Estado, Ministerio de Economía e Facenda, r/ Alcalá, 5, 28014 Madrid

PR

2

5

57

868

106

421

15

8

119

Teixueiras

Lourenzá

José Díaz Gil.

Pumar de Don, 15, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

MA

 

 

0

9

 

 

17

8

113

Teixueiras

Lourenzá

Jesús Rodríguez Pedreira.

Pumar de Don, 4, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

MA

 

 

12

399

 

 

18

8

114

Teixueiras

Lourenzá

Jesús Rodríguez Pedreira.

Pumar de Don, 4, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

MA

 

 

36

745

 

 

19

8

120

Teixueiras

Lourenzá

Jesús Rodríguez Pedreira.

Pumar de Don, 4, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

MA

 

 

15

334

 

 

24

8

82

Cerrados Novos

Lourenzá

Manuel Feo Martínez.

A Laxe, 18, San Xurxo de Lourenzá, 27751 Lourenzá (Lugo)

José Díaz Gil.

Pumar de Don, 15, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

María Esperanza Rivas Centeno.

Pumar de Don, 11, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

MA

 

 

19

473

 

 

25

8

83

Cerrados Novos

Lourenzá

María Esperanza Rivas Centeno.

Pumar de Don, 11, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

José Díaz Gil.

Pumar de Don, 15, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

MA

 

 

27

684

 

 

27

8

86

Barranco

Lourenzá

María Esperanza Rivas Centeno.

Pumar de Don, 11, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

Jesús Rodríguez Pedreira.

Pumar de Don, 4, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

José María Martínez Cienfuegos.

Pumar de Don, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

MA

5

6

102

2056

143

570

28

8

80

Cerrados Novos

Lourenzá

José Díaz Gil.

Pumar de Don, 15, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

MA

 

 

0

13

 

 

29

8

89

Cerrados Novos

Lourenzá

José María Martínez Cienfuegos.

Pumar de Don, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

MA

6

5

146

2468

52

209