De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos procédese a dar publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na regulación europea sobre os fondos e, en xeral, do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia e ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública Augas de Galicia, das seguintes actuacións:
1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Augas de Galicia.
Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
Tipo de contrato: servizo.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: gasto menor.
2. Obxecto do contrato.
a) Título: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución de solucións aos problemas de inundacións do concello de Valga. Mellora do río Soutiño. Fase II. Valga (Pontevedra).
Clave do expediente: GA.17044.
CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.
Orzamento base: importe neto: 17.928,63 euros. Importe total: 21.693,64 euros.
Prazo de execución: 6 meses.
Importe da oferta: importe neto: 17.625,00 euros. Importe total: 21.326,25 euros.
Empresa: SGS Tecnos, S.A.
b) Título: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución da obra da rede separativa na rúa Manuel Lago. Fisterra (A Coruña).
Clave do expediente: GA.17012.
CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.
Orzamento base: importe neto: 17.108,90 euros. Importe total: 20.701,77 euros.
Prazo de execución: 2 meses.
Importe da oferta: importe neto: 13.350,00 euros. Importe total: 16.153,50 euros.
Empresa: Zifra Ingeniería, S.L.
c) Título: estudo xeotécnico para o anteproxecto do novo emisario submarino da estación de tratamento de auga potable de Praceres na ría de Pontevedra (Pontevedra).
Clave do expediente: GA.17039.
CPV (referencia de nomenclatura): 45120000-4.
Orzamento base: importe neto: 17.903,24 euros. Importe total: 21.662,92 euros.
Prazo de execución: 2 meses.
Importe da oferta: importe neto: 17.700,00 euros. Importe total: 21.417,00 euros.
Empresa: Eptisa Servicios de Ingeniería, S.L.
3. Cofinanciamento da Unión Europea.
As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. En concreto, o servizo indicado coa letra a) enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5 «medidas de prevención e xestión das inundacións na demarcación hidrográfica Galicia-Costa»; prioridade de investimento 5.2 «fomento de investimento para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes»; obxectivo específico 5.2.1 «fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo Protección Civil»; actuación 5.2.1.4 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO) «medidas de prevención e xestión das inundacións na demarcación hidrográfica Galicia-Costa», e os indicados coas letras b) e c) enmárcanse dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2 «o investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «culminar os requisitos da Directiva Marco da Auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO) «reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas». Unha maneira de facer Europa.
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2017
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia