Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2017 Páx. 41420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente de expropiación IN407A 2011/48-1, nos concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación denominada LMTAS 20 kV evacuación dos parques eólicos singulares da Barbanza, no concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal (expediente IN407A 2011/48-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 22 de agosto de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2011/48-1.

Entidade beneficiaria: Proyectos y Desarrollos Renovables, S.L.

Denominación da instalación: LMTAS 20 kV evacuación dos parques eólicos singulares da Barbanza.

Concellos: Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Predio

Concello

Depósito

Titularidade proposta

Incidencia

24

Ribeira

2282/2017

Descoñecido/a

Enderezo ignorado

16

A Pobra do Caramiñal

2285/2017

Herdeiros de Juan Guillán Fernández

Enderezo ignorado

19

A Pobra do Caramiñal

2287/2017

Descoñecido/a

Enderezo Ignorado

22

A Pobra do caramiñal

2288/2017

Descoñecido/a

Enderezo Ignorado