1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de obras.
b) Descrición do obxecto: a realización de obras de repoboacións para a recuperación do potencial forestal danado, mediante a preparación , rexeneración e repoboación de superficies afectadas polo lume ou por outros desastres ou catástrofes, correspondentes á submedida 8.40 «Axuda para a reparación dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes».
c) División por lotes e número: si, dez.
Lote 1 |
32M01/16 |
Recuperación do potencial forestal das masas dos montes Lama Cega e Bisticovo do Distrito forestal XI, O Ribeiro-Arenteiro |
Lote 2 |
32M29/16 |
Recuperación do potencial forestal danado en varios montes do concello de Vilar de Barrio, Distrito forestal XV, A Limia (Ourense) |
Lote 3 |
32M30/16 |
Recuperación do potencial forestal danado no monte comunal de Barxa da CMVMC de Barxa, do concello da Gudiña, Distrito forestal XV, Verín-Viana |
Lote 4 |
32M03/17 |
Recuperación do potencial forestal danado no monte comunal de Herosa da CMVMC de Herosa, do concello da Gudiña, Distrito forestal XIV Verín-Viana, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020 |
Lote 5 |
32M35/16 |
Recuperación do potencial forestal danado en varios montes do concello de Baltar, Distrito forestal XV, A Limia |
Lote 6 |
27M09/14 |
Recuperación do potencial forestal danado nos concellos de Begonte e Guitiriz (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020 |
Lote 7 |
27M07/16 |
Recuperación do potencial forestal danado nos concellos da Fonsagrada e Navia de Suarna (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020 |
Lote 8 |
27M38/15 |
Recuperación do potencial forestal danado nos concellos de Lugo e Friol (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020 |
Lote 9 |
32M20/17 |
Recuperación do potencial forestal danado en varios montes do concello de Vilar de Barrio, Distrito forestal XV, A Limia (Ourense) |
Lote 10 |
32M24/17 |
Recuperación do potencial forestal danado no monte de Serra do Larouco (OR-2010-1) do concello de Xinzo de Limia, Distrito forestal XV, A Limia (Ourense) |
d) Prazo de execución: dezaoito (18) meses, a partir da sinatura da acta da implantación.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 45111000-8.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada. Documentalmente simplificado.
Criterios de adxudicación: prezo máis baixo.
4. Orzamento de licitación.
Importe neto: 1.830.653,21 €, IVE (ao 10 % e ao 21 %): 192.825,08 €. Importe total: 2.023.478,29 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares).
Valor estimado: 1.830.653,21 €.
5. Financiamento: cofinanciado con fondos Feader nun 75 %. Submedida 8.40 (axuda para a reparación dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes), nun 7,5 % con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) e nun 17,50 % con fondos da Xunta de Galicia.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe, mais se conta coa clasificación grupo K, subgrupo 6, categoría que corresponda, tendo en conta o valor medio anual dos lotes a que licite, estará exento de acreditar a solvencia.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas J e K do cadro de características do PCAP.
7. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % orzamento de licitación de cada lote, excluído o IVE.
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, 15781, Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 57 48 e 981 54 57 37 (consultas administrativas); 981 54 60 71 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 40 47.
e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=193715
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos vinte e seis (26) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 11.00 horas do décimo segundo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte. No caso de non ser posible nesa data, tería lugar na data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante.
11. Gastos de publicidade: os custos do anuncio no DOG serán por conta dos adxudicatarios.
12. Outras informacións: establécense condicións especiais de execución na alínea X do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
Establécese unha limitación ao número de lotes a que se pode presentar un licitador: como máximo poderase licitar a tres lotes (sempre que se cumpran as condicións de solvencia para licitar a varios lotes conxuntamente).
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2017
A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural