Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41613

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da subministración de pellets para calefacción en inmobles municipais.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 9 de agosto de 2017, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 09/17).

2. Obxecto do contrato: subministración de pellets para calefacción en inmobles.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: 58.674 € (48.490,91 € + 10.183,09 € en concepto de IVE). Prezos unitarios indicados nos pregos. Prazo de execución un (1) ano (posibilidade dunha prórroga).

5. Garantías: non se exixen, de conformidade co establecido no artigo 95 do texto refundido da Lei de contratros do sector público, ao tratarse da entrega de consumibles cuxa entrega e recepción se efectúan antes do pagamento do prezo.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es.

O Porriño, 24 de agosto de 2017

Eva García de la Torre
Alcaldesa