Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2017 Páx. 41648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 3 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2017/110-1).

Nº de expediente: IN407A 2017/0110-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT Sad-707; avenida Isaac Díaz Pardo, nº 55.

Concello: Oleiros.

Características técnicas:

Tramo liña de media tensión aérea SAD-707 (entre apoios nº 28-2 e nº 28-3) (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 71 m, con orixe no apoio nº 28-2 existente da LMT SAD-707, no tramo entre o CT Santa Cruz muíño (expediente 128/01) e a derivada o CT O Telleiro (expediente 51.151), condutor tipo LA-110 mm2 AI (existente), e final no apoio nº 28-3 proxectado da LMT SAD-707, no tramo entre o CT Santa Cruz muíño e a derivada ao CT O Telleiro.

Tramo liña de media tensión aérea SAD-707 (entre apoios nº 28-3/1 e nº 28-4) (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 118 m, con orixe no apoio nº 28-3/1 proxectado da LMT SAD-707, no tramo entre o CT Santa Cruz muíño (expediente 128/01) e a derivada o CT O Telleiro (expediente 51.151), condutor tipo LA-110 mm2 AI (existente), e final no apoio nº 28-4 existente da LMT SAD-707, no tramo entre o CT Santa Cruz muíño e a derivada ao CT O Telleiro.

Liña de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 70 m, con orixe no paso de aéreo a subterráneo que se realizará no apoio nº 28-3 proxectado para intercalar na LMT SAD-707, no tramo entre o CT Santa Cruz muíño e a derivada o CT O Telleiro, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AI, e final no paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio nº 28-3/1 proxectado que substitúe o existente da LMT SAD-707, no tramo entre o CT Santa Cruz muíño e a derivada ao CT O Telleiro.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 3 de agosto de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña