Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2017 Páx. 41773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Agolada (expediente IN407A 2017/451-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Agolense.

Domicilio social: rúa 26, nº 10, 36500 Lalín.

Denominación: LMTA, CT en Eidián.

Situación: Agolada.

Características técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor LA-56 de 87 metros de lonxitude, con orixe no apoio HV-630/15 da LMT POR701 Agolada e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación, en apoio de formigón, a 100 kVA con RT 15 kV/400-230 V, situado en Eidián, Agolada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 1 de agosto de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra