Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2017 Páx. 42315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 31 de agosto de 2017 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 177/2017 do expediente de reposición da legalidade LUG/221/2015-RP1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo, en relación co procedemento ordinario número 177/2017, interposto por Eva García Fernández contra a Resolución do 20 de abril de 2017 ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no expediente de reposición da legalidade urbanística número LUG/221/2015-RP1, en que se declara que as obras consistentes na execución sobre unha edificación primitiva, dando lugar a unha edificación de tipoloxía residencia, no lugar de Vilasivil, parcela 448 do polígono 7, concello de Folgoso do Courel, non son legalizables, por seren incompatibles co ordenamento urbanístico, e ordena a demolición das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante a presente cédula que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, emprázanse os herdeiros de José Arza Blanco para que poidan presentarse como interesados nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2017

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG núm. 59, do 27 de marzo)
José Mª Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística