Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2017 Páx. 43106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 8 de setembro de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Monte Mallada e As Veigas a favor dos veciños da parroquia de Punxeiro (San Marcos), no concello de Viana do Bolo.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 24 de maio de 2017, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Monte Mallada e As Veigas a favor dos veciños da parroquia de Punxeiro (San Marcos), no concello de Viana do Bolo (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 25 de agosto de 2015, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Jorge Domínguez Couso e outros, no cal solicitan a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Monte Mallada e As Veigas.

Segundo. Con data do 20 de xullo de 2016, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designar instrutor e realizar as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abrir un período de un mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que figura no expediente, descríbese así:

Denominación do monte: Monte Mallada e As Veigas.

Superficie: 113.945 m2 (aprox. 11,39 ha).

Pertenza: veciños de Punxeiro.

Parroquia: Punxeiro (San Marcos).

Concello: Viana do Bolo.

Referencia catastral das parcelas que constituén o monte:

32087A043003320000HJ 32087A039000120000HW 32087A041005540000HQ

32087A041005240000HL 32087A041001110000HT 32087A082002290000HR

32087A088005180000HA 32087A082002220000HP 32087A088002150000HK

32087A088002710000HG 32087A081003050000HG 32087A088004530000HU

32087A081003160000HK 32087A081003430000HL

1. Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Datos catastrais

Superficie que hai que clasificar (m2)

Polígono

Parcela

Lugar

Superficie catastral (m2)

Viana do Bolo

43

332

Valderón

2.946

2.946

39

12

Lama Valderón

14.185

14.185

41

554

A Larga das Veigas

5.540

5.540

524

A Petada

1.106

1.106

111

A Mallada

48.908

48.908

81

305

Monte A Porbeira

17.764

17.764

316

As Poulas

8.997

8.997

343

O Ferradal

3.576

3.576

82

229

Portela

520

520

222

As Lamas

339

339

88

518

Portela

417

417

215

O Santomé

2.271

2.271

271

O Santomé

339

339

453

Poulas

7.037

7.037

Superficie que hai que clasificar

113.945 m2

11,39 ha

2. Estremas.

As catorce parcelas catastrais formarían doce coutos redondos ao agrupar a parcelas 332 do polígono 43 coa parcela 12 do polígono 39 e a parcela 229 do polígono 82 coa parcela 518 do polígono 88

1. Lindes do couto redondo formado polas parcelas 332 (pol. 43) e 12 (pol. 39).

Norte: polígono 39, parcelas 7, 5, 4. Polígono 43, parcelas 338.

Leste: polígono 43, parcelas 335, 333, 9001. Polígono 39, parcelas 11, 13, 14.

Sur: polígono 39, parcela 10.

Oeste: polígono 39, parcelas 9, 17, 26, 27, 28.

2. Lindes da parcela 554 do polígono 41.

Norte: polígono 41, parcelas 188, 187 e 9001.

Leste e sur: polígono 41, parcela 9002.

Oeste: polígono 41, parcela 186.

3. Lindes da parcela 524 do polígono 41.

Norte: polígono 41, parcelas 184 e 185.

Leste: polígono 41, parcela 9002.

Sur: polígono 41, parcela 179.

Oeste: polígono 41, parcelas 178 e 183.

4. Lindes da parcela 111 do polígono 41.

Norte: polígono 39, parcela 9002.

Leste: polígono 41, parcelas 194, 191, 192, 624, 195 e 196.

Sur: polígono 41, parcelas 173, 198, 226, 227, 228 e 229.

Oeste: polígono 41, parcelas 242, 498 e 9021.

5. Lindes do couto redondo formado polas parcelas 229 (pol. 82) e 518 (pol. 88).

Norte: polígono 82, parcela 196.

Leste: polígono 82, parcelas 194 e 9003. Polígono 88, parcelas: 327, 325 e 328.

Sur: polígono 88, parcelas 328 e 330.

Oeste: polígono 88, parcela 330. Polígono 82, parcelas 210 e 9003.

6. Lindes da parcela 222 do polígono 82.

Norte: polígono 82, parcelas 101 e 93.

Leste: polígono 82, parcela 93.

Sur e oeste: polígono 82, parcela 9003.

7. Lindes da parcela 453 do polígono 88.

Norte: polígono 88, parcelas 9009, 349, 347, 346, 343, 342 e 341.

Leste: polígono 88, parcelas 464, 302, 298, 299 e 516.

Sur: polígono 88, parcelas 515, 454, 437, 439, 440 e 441.

Oeste: polígono 88, parcela 452, 443 e 450.

8. Lindes da parcela 215 do polígono 88.

Norte: polígono 88, parcelas 217 e 90.

Leste: polígono 88, parcelas 89 e 214.

Sur: polígono 88, parcelas 214 e 9007.

Oeste: polígono 88, parcelas 216 e 217.

9. Lindes da parcela 271 do polígono 88.

Norte: polígono 88, parcelas 270 e 9006.

Leste: polígono 88, parcela 272.

Sur: polígono 88, parcela 273.

Oeste: polígono 88, parcela 269 e 270.

10. Lindes da parcela 305 do polígono 81.

Norte: polígono 81, parcelas 308, 302 e 697.

Leste e sur: polígono 81, parcela 9004.

Oeste: polígono 81, parcela 309.

11. Lindes da parcela 316 do polígono 81.

Norte: polígono 81, parcelas 4, 276, 280 e 262.

Leste: polígono 81, parcela 262 e 297.

Sur: polígono 81, parcela 9004.

Oeste: polígono 81, parcelas 324, 323 e 4.

12. Lindes da parcela 343 do polígono 81.

Norte: polígono 81, parcela 341.

Leste: polígono 81, parcelas 338 e 339.

Sur: polígono 81, parcela 9004.

Oeste: polígono 81, parcela 342.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña desfrutando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común acreditouse mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común; o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro; o Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Monte Mallada e As Veigas a favor dos veciños da parroquia de Punxeiro (San Marcos), no concello de Viana do Bolo (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989; nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Ourense, 8 de setembro de 2017

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense