Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2017 Páx. 43721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilariño de Conso (expediente IN407A 2017/14-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Red Eléctrica de España.

Domicilio social: Paseo del Conde de los Gaitanes, 177, 28000 Alcobendas.

Denominación: ampliación da subestación de Conso 220 kV.

Situación: Vilariño de Conso.

Descricións técnicas:

Ampliación da subestación de Conso de 220 kV, con dúas novas posicións: rúa 5 posición Adif 1, rúa 8 posición Adif 2, cun (1) interruptor, respectivamente; a tensión é a 220 kV, tecnoloxía AIS, intemperie dobre barra e con intensidade de curtocircuíto 40 kA.

Orzamento: 1.558.534 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 17 de xullo de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense