Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48744

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO para a licitación do contrato de subministración dun sistema de proxección de cinema dixital para o teatro municipal Lauro Olmo.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Barco de Valdeorras. Praza do Concello, número 2, 32300 Ourense. Órgano de contratación: Alcaldía e, determinados actos, Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: subministración. CPV: 38652000-0. Descrición: subministración dun sistema de proxección de cinema dixital para o teatro municipal Lauro Olmo, de acordo co establecido no prego de prescricións técnicas.

3. Procedemento e tramitación: aberto e ordinaria. Criterios de adxudicación: prezo, mantemento posvenda e prazo de garantía.

4. Valor estimado do contrato: 31.880 €.

5. Prazo de execución do servizo: dez días hábiles a partir da formalización.

6. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato sen IVE.

7. Obtención de documentación e información: Concello do Barco de Valdeorras. Praza do Concello, número 2, 32300 Ourense; teléfono: 988 32 02 02; telefax: 988 32 59 78; correo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org; perfil de contratante: www.concellodobarco.org.

8. Presentación de ofertas: quince (15) días naturais desde a última das seguintes publicacións: DOG, BOP da provincia de Ourense e perfil de contratante do Concello.

10. Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: segundo a cláusula décimo segunda do prego administrativo.

O Barco de Valdeorras, 26 de setembro do 2017

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde