Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 49057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de outubro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de reforma da mellora da seguridade viaria na PO-308 (punto quilométrico 12+400 ao 15+400), así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado (clave PO/13/102.06).

Mediante Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 5 de febreiro de 2015 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción de reforma da mellora da seguridade viaria na PO-308 (p.q. 12+400 ao 15+400), de clave: PO/13/102.06.

Este proxecto ten por obxecto a xustificación e definición das obras que deben realizarse para a mellora da seguridade viaria na estrada PO-308, Pontevedra-A Lanzada, no treito comprendido entre o p.q. 12+400, no lugar da Granxa, ata unha aliñación recta que dá paso á travesía urbana do núcleo de Sanxenxo, á altura do p.q. 15+400.

As obras previstas prevén as seguintes actuacións:

– Renovación do firme, instalación de paneis direccionais, captafaros de calzada e substitución das barreiras metálicas en curva.

– Construción dunha glorieta no p.q. 13+760.

– Ampliación da plataforma para acondicionar a parada de bus existente.

– Construción dunha cuña de saída no p.q. 14+190, acondicionamento dun espazo para realizar cambios de sentido e habilitación dun carril central para realizar xiros á esquerda.

– Instalación de sumidoiros.

– Adecuación da sinalización vertical e horizontal.

– Reposición dos elementos de drenaxe e servizos afectados.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construcción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado da estrada.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo Provincial de Pontevedra (r/ Fernández Ladreda 43-1º 4º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Sanxenxo (rúa Consistorio 4-6, 36960 Sanxenxo, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Proxecto de construción
Proxecto de reforma de mellora da seguridade viaria na PO-308
(p.q. 12+400 ao 15+400). Clave: PO/13/102.06

Concello de Sanxenxo

Número

predio

Referencia

catastral

Propietario

Tipo de terreo

Tipo de solo

Área afectada (m2)

1

7242608NG1974S0001MM

Ayude Cancela, Modesto

Urbano

Solo sen edificar

0,12

2

7242607NG1974S0001FM

Leiro Portela, José Antonio e Poza Sueiro, Dolores

Urbano

Residencial

1,54

3

7343622NG1974S0001MM

Iglesias Durán, Luis (herdeiros de)

Urbano

Residencial

10,90

4

7842843NG1974S0001YM

Sueiro Otero, Manuela (herdeiros de)

Urbano

Residencial

2,29

5

7842814NG1974S0001PM

Mato Posse, José

Urbano

Solo sen edificar

42,37

6

7741401NG1974S0001XM

Urcola Fernández, Eulalia (herdeiros de)

Urbano

Residencial

30,71