Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 49066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 2 outubro de 2017, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se dá a coñecer a realización da poxa pública duns bens ou dereitos.

De conformidade cos acordos da Axencia Tributaria de Galicia do 23 de agosto e do 18 de setembro de 2017, infórmase de que o día 22 de novembro de 2017, ás 10.00 horas no salón de actos da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia na Coruña (sita na praza de Pontevedra, 22), terá lugar a poxa pública dos bens ou dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición/ben

Valoración

Cargas

Tipo 1

Tramos

1

Pleno dominio de predio urbano, rocho identificado co número 16, soto 2, nun edificio en construción sito no concello de Santa Comba, de 3,17 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira, predio 33438

1.211,22

Non constan

1.211,22

100,00

2

Pleno dominio de predio urbano, praza de garaxe identificada co número 64, soto 2, nun edificio en construción sito no concello de Santa Comba, de 11,82 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira, predio 33296

7.446,12

Non constan

7.446,12

100,00

4

50 % do pleno dominio por título de compravenda da praza de garaxe sinalada co número 5, no soto, forma parte dun edificio na rúa Baixada á Praia de Canido, sen número, na parroquia e concello de Malpica de Bergantiños. Dunha superficie de 9,75 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo, predio 11215/G5

5.269,08

Non constan

5.269,08

100,00

5

Pleno dominio de predio urbano que corresponde a edificio sinalado co número 14 da rúa Real, número 40 antigo, do porto de Corme, concello de Ponteceso, que consta de baixo, primeiro e segundo andar, facendo unha superficie construída de 240 metros cadrados, con patio unido dunha superficie de 83 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo, predio 14693. Referencia catastral 3104506NH0930S0001AA

536.920,52

Non constan

536.920,52

500,00

6

Pleno dominio do 50 % por título de herdanza e dereitos hereditarios que lle poidan corresponder sobre o outro 50 % que consta como titularidade da defunta María Fernández Lamelas, do local comercial sito no baixo, do número 2 do Carrer Ruperto Chapí de Santa Coloma de Gramanet, provincia de Barcelona. Superficie útil: 185 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Santa Coloma de Gramanet número 2, predio 9097 (antes 34736)

310.070,40

Non constan

310.070,40

500,00

7

Pleno dominio do 50 % por título de herdanza e dereitos hereditarios que lle poidan corresponder sobre o outro 50 % que consta como titularidade da defunta María Fernández Lamelas, do local comercial sito no baixo, porta dereita, do número 162 da Carrer Mossen Jacint Verdaguer de Santa Coloma de Gramanet, provincia de Barcelona. Superficie do soar: 221,39 metros cadrados; superficie útil: 47,40 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Santa Coloma de Gramanet número 2, predio 9098 (antes 21460)

102.326,10

Non constan

102.326,10

500,00

8

Pleno dominio con carácter privativo por título de herdanza do predio rústico, labradío, pasteiro e inculto, predio número 396 de concentración parcelaria. Ten encravadas dúas construcións e unha condución subterránea de auga para usos domésticos, sita no lugar de Rodeiro-Bandoxa, concello de Oza dos Ríos. Dunha superficie de 30 áreas e 50 centiáreas. Rexistro da Propiedade de Betanzos, predio 19975

126.786,00

Non constan

126.786,00

500,00

10

37/50 avas partes do local comercial no entresollado do edificio sito na rúa García Camba, número 10, de Pontevedra, cunha superficie útil de 90,70 metros cadrados. Este predio fórmase pola agrupación dos predios número 25167 e 37613 do Rexistro número 1 de Pontevedra. Predio 37614 do Rexistro da Propiedade número 1 de Pontevedra

112.601,00

Non constan

112.601,00

500,00

11

Pleno dominio adquirido por herdanza de José Marín López a través de acta de notoriedade de declaración de herdeiros ab intestato outorgada ante o notario Andrés Cancela Ramírez de Arellano o 22 de agosto de 2007 (protocolo 1607), de predio urbano (solo sen edificar) a uso sito no lugar de Pé do Muíño, concello de Sada, na provincia da Coruña, dunha superficie de 7.437 metros cadrados. A súa referencia catastral é 6211912NJ5061S0001DH. Embargo anotado por suspensión no Rexistro de Betanzos

102.790,80

Non constan

102.790,80

500,00

12

Pleno dominio adquirido por herdanza de José Marín López a través de acta de notoriedade de declaración de herdeiros ab intestato outorgada ante o notario Andrés Cancela Ramírez de Arellano o 22 de agosto de 2007 (protocolo 1607), de predio rústico a uso agrario sito no lugar de Agra Pequena, concello de Sada, na provincia da Coruña, dunha superficie de 1.607 metros cadrados. A súa referencia catastral é 15076A017002550000EE. Embargo anotado por suspensión no Rexistro de Betanzos

4.843,04

Non constan

4.843,04

100,00

13

50 % do pleno dominio adquirido por herdanza de José Marín López a través de acta de notoriedade de declaración de herdeiros ab intestato outorgada ante o notario Andrés Cancela Ramírez de Arellano o 22 de agosto de 2007 (protocolo 1607), de predio rústico a uso agrario sito no lugar de Fraga, concello de Sada, na provincia da Coruña, dunha superficie de 7.437 metros cadrados. A súa referencia catastral é 15076A023001730000EF. Embargo anotado por suspensión no Rexistro de Betanzos

3.807,22

Non constan

3.807,22

100,00

14

Pleno dominio con carácter privativo de predio urbano sito na rúa Contramaestre Casado, nº 32, portal 3, baixo, no concello de Mugardos (A Coruña) dunha superficie de 95 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontedeume, predio 10320. Referencia catastral 0626006NJ6102N0029FJ

39.414,7

Non constan

39.414,7

100,00

15

Pleno dominio con carácter privativo de predio urbano sito na avenida Marqués de Amboage, nº 20, baixo (A Coruña), dunha superficie 136 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Coruña número 1, predio 74198

182.458,10

27.250,00

155.208,10

500,00

16

Pleno dominio con carácter privativo, a local comercial, sito na Costa da Palloza 3, bloque A, andar primeiro, corpo A, dunha superficie de 54,8 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Coruña número 1, predio número 29088

95.215,28

27.250,00

67.965,28

100,00

17

Pleno dominio de praza de garaxe número 110 no baixo do edificio sito na estrada de Castela 5, 7, 9, na parroquia de San Xulián, concello de Narón, dunha superficie 13,38 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Narón, predio 51191

8.967,86

Non constan

8.967,86

100,00

18

Pleno dominio de praza de garaxe número 109 no soto primeiro do edificio sito na estrada de Castela 5, 7, 9, na parroquia de San Xulián, concello de Narón, dunha superficie 13,35 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Narón, predio 51190

8.967,86

Non constan

8.967,86

100,00

19

Pleno dominio de praza de garaxe número 104 no primeiro soto do edificio sito na estrada de Castela 5, 7, 9, na parroquia de San Xulián, concello de Narón, dunha superficie de 14,13 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Narón, predio 51185

9.459,60

Non constan

9.459,60

100,00

20

Pleno dominio de praza de garaxe número 111 no baixo do edificio sito na estrada de Castela 5, 7, 9, na parroquia de San Xulián, concello de Narón, dunha superficie de 12,5 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Narón, predio 51192

7.686,00

Non constan

7.686,00

100,00

21

Pleno dominio de rocho número 102 no baixo do edificio sito na estrada de Castela 5, 7, 9, no concello de Narón, dunha superficie de 5,22 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Narón, predio 51199

2.013,08

Non constan

2.013,08

100,00

22

Pleno dominio de praza de garaxe s/n no primeiro soto do edificio sito entre as rúas Ponte de Xuvia e estrada de Castela na parroquia de San Xulián, concello de Narón, dunha superficie de 3,86 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Narón, predio 45068

1.555,78

Non constan

1.555,78

100,00

23

Pleno dominio de praza de garaxe número 127 no soto primeiro do edificio sito entre as rúas Ponte de Xuvia e estrada de Castela na parroquia de San Xulián, concello de Narón, dunha superficie de 3,81 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Narón, predio 45096

1.157,82

Non constan

1.157,82

100,00

24

Pleno dominio de praza de garaxe número 125 no soto primeiro do edificio sito entre as rúas Ponte de Xuvia e estrada de Castela na parroquia de San Xulián, concello de Narón, dunha superficie de 3,69 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Narón, predio 45067

1.543,78

Non constan

1.543,78

100,00

25

Pleno dominio de praza de garaxe número 103 no primeiro soto do edificio sito na estrada de Castela 5, 7, 9, na parroquia de San Xulián, concello de Narón, dunha superficie de 14,54 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Narón, predio 51184

9.459,60

Non constan

9.459,60

100,00

26

Pleno dominio con carácter privativo predio urbano. Praza de garaxe sita na avenida de Fisterra, nº 114, soto -2, porta G-15, 15100 Carballo (A Coruña) de superficie 9,9 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo, predio 43518. Referencia catastral 4437804NH2843N0001XI. Anexo rocho nº 15 de 7,35 metros cadrados

8.127,10

Non constan

8.127,10

100,00

27

Pleno dominio de praza de garaxe sita na avenida de Fisterra, nº 114, soto -2, porta G-19, 15100 Carballo (A Coruña) dunha superficie de 9,9 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo, predio 43522. Referencia catastral 4437804NH2843N0001XI

4.823,75

Non constan

4.823,75

100,00

28

Pleno dominio de praza de garaxe sita na avenida de Fisterra, nº 114, soto -2, porta G-1, 15100 Carballo (A Coruña) dunha superficie de 9,9 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo, predio 43516. Referencia catastral 4473804NH2843N0001XI. Anexo rocho nº 19 de 3,75 metros cadrados

6.509,14

Non constan

6.509,14

100,00

29

Pleno dominio de praza de garaxe sita na avenida de Fisterra, nº 114, soto -2, porta G-18, 15100 Carballo (A Coruña) dunha superficie de 9,9 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo, predio 43521. Referencia catastral 4437804NH2843N0001XI. Anexo rocho de 7,35 metros cadrados

8.127,10

Non constan

8.127,10

100,00

30

Pleno dominio de praza de garaxe sita na avenida de Fisterra, nº 114, soto -2, porta G-14, 15100 Carballo (A Coruña) dunha superficie de 9,9 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo, predio 43517. Referencia catastral 4437804NH2843N0001XI. Anexo rocho nº 14 de 7,35 metros cadrados

8.127,10

Non constan

8.127,10

100,00

31

Pleno dominio de inmoble, baixo cuberta esquerda na rúa Atocha Baja, nº 36-38, da Coruña, destinado a catro rochos. Superficie de 32 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Coruña número 4, predio 12131

12.482,56

Non constan

12.482,56

100,00

32

Pleno dominio de praza de garaxe sita na avenida de Fisterra, nº 114, soto -2, porta G-22, 15100 Carballo (A Coruña) dunha superficie de 9,9 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo, predio 43523. Referencia catastral 4437804NH2843N0001XI

4.823,75

Non constan

4.823,75

100,00

33

Pleno dominio, con carácter ganancial, de predio urbano sito no camiño Celnor 51(A), andar: en, pt: C, concello de Narón, dunha superficie 68 metros cadrados. Inscrita por suspensión no Rexistro da Propiedade de Narón como predio 59273, con número de identificación catatastral 5989047NJ6158N0002FE

36.293,94

Non constan

36.293,94

100,00

34

Predio urbano a uso residencial, sito no lugar da Insua número 112, no concello de Paderne, cunha superficie construída de 90 metros cadrados, predio catastral 4483304NH6948S0001LH, anotado preventivamente por suspensión no Rexistro da Propiedade de Betanzos como predio 18698

43.899,70

Non constan

43.899,70

100,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recaudación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos cales se deberá conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistiren ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituirse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fixer o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

b) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado; neste caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primera licitación, a mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa polo prazo máximo de seis meses e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente co límite total de seis meses.

A Coruña, 2 de outubro de 2017

Julián Benavides Delgado
Recadador da Zona da Coruña