DIRECTORIO ALFABÉTICO DE INSTITUCIÓNS E ORGANISMOS DEPENDENTES DA XUNTA DE GALICIA
Entidades do A ao E
Organismos Autónomos, Entidades e Sociedades Públicas
.
Academia Galega de Seguridade Pública - AGASP Centro de formación, investigación, estudo e divulgación, con especial referencia á realidade galega, nos ámbitos xudicial e penitenciario, policial, protección civil, bombeiros e axentes forestais, e seguridade privada.
Augas de Galicia Organismo Autónomo de carácter administrativo adscrito á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible encargado das augas e infraestruturas hidraulicas, tanto dende a perspectiva da actuación administrativa como da participación dos usuarios da auga na adopción das decisións que lles afectan.
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural - AGADER Ente de dereito público adscrito á Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, creado co fín de executar as funcións de fomento e coordinación do desenvolvemento do territorio rural galego, mellorar as condicións de vida e contribuír a frear o despoboamento dese territorio.
Axencia Galega das Industrias Culturais - AGADIC Ten por obxecto o desenvolvemento da política cultural en relación coa producción, promoción e difusión das actividades do teatro, da danza e da música.
Centro Galego de Arte Contemporánea - CGAC Situado en Santiago de Compostela constitúese nun centro dinamizador da vida cultural dunha cidade marcada pola arte e pola historia.
Centro Galego de Artes da Imaxe – CGAI Centro de difusión e documentación da imaxe en tódolos sentidos; dependendo orgánicamente da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. É a institución responsable -no ámbito da imaxe- da administración autonómica.
Centro Informático para a Xestión Triburaria Económico-Financeira e Contable - CIXTEC Ente dependente da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Economía e Facenda; as súas funcións abranguen o coidado da explotación e do mantemento das aplicacións mecanizadas e da execución dos procesos informáticos, e a actuación como órgano de apoio informático aos servizos da devandita Consellería.
Centro Multimedia de Galicia Ten como obxectivo mellorar a cantidade e calidade dos servizos e contidos multimedia no contexto galego da Sociedade da Información.
Centro Superior Bibliográfico de Galicia - CSBG Centraliza e coordina a actividade bibliográfica ao redor do libro galego e das bibliotecas de Galicia. A súa web tamén fornece información sobre catálogos, depósito legal e rexistro da propiedade intelectual.
Centro Superior de Hostelería de Galicia - CSHG Desde 1994 este centro traballa para responder á demanda de formación, cada día máis esixente, das empresas da hostalería e da restauración.
Compañía de Radio e Televisión de Galicia - CRTVG Ten como obxectivo a posta en funcionamento, xestión e explotación dos medios de comunicación en lingua galega contribuíndo á normalización lingüística e á cohesión do tecido social e xeográfico do país.
Consello Consultivo de Galicia Órgano consultivo ao servizo das administracións públicas da Comunidade Autónoma. Vela pola legalidade dos actos e disposicións administrativas e pola observancia da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia.
Consello da Cultura Galega Ten como obxectivo a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.
Consello de Contas de Galicia Ente fiscalizador das contas e da xestión económico-financieira do sector público galego.
Consello Económico e Social, CES- Galicia Órgano consultivo da Xunta de Galicia en materia socioeconómica. Foi creado para facilitar a participación de todos os galegos na vida política, económica, social e cultural.
Consello Galego de Relacións Laborais - CGRL O Consello Galego de Relacións Laborais créase en 1988 co dobre obxectivo de servir como foro de diálogo institucional permanente entre os axentes sociais galegos e, ao mesmo tempo, como órgano consultivo e asesor da Comunidade Autónoma en materias relativas á súa política laboral.
Escola Galega de Administración Pública - EGAP Centro oficial de docencia e de investigación en todas aquelas materias que sexan de interese para o persoal ao servizo da Xunta de Galicia e, no seu caso, doutras administracións de Galicia.