Organismos Autónomos, Entidades e Sociedades Públicas
> Fondo Galego de Garantía Agraria - FOGGA
Creouse co fin de aplicar, en réxime de descentralización administrativa, as medidas de ordenación, fomento, reestructuración e mellora do sector lácteo e gandeiro.
> Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
Esta fundación ten como misión fomentar, difundir e prestar servizos de cálculo intensivo e comunicacións ás comunidades investigadoras galegas e ás do CSIC, así como a aquelas empresas ou institucións que o soliciten, contribuíndo, deste xeito, ao perfeccionamento tecnolóxico, á innovación e á mellora da competitividade das empresas
> Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria
O obxecto da fundación é a formación e a investigación nas materias de saúde pública e administración sanitaria.
> Fundación Galicia Emigración
Fundación pública dependente da Secretaría Xeral de Emigración que ten como obxectivo canalizar todas as axudas aos galegos da diáspora. A súa vocación asistencial compleméntase cunha función de carácter formativo e tamén cultural.
Institución privada sen fins de lucro creada para promover todas aquelas accións que fomenten o achegamento entre Galicia e Europa.
> Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia
Entidade dependente da Consellería de Industria e Comercio co obxetivo de impulsar a competitividade a través de programas de actuación en materia de calidade, innovación e tecnoloxía.
> Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia
Encárgase de xestionar e coordinar os servizos prehospitalarios nos casos de urxencias e emerxencias sanitarias que acontezan dentro da Comunidade Autónoma.
> Instituto Enerxético de Galicia - INEGA
Ente de dereito público adscrito á Consellería da Xunta de Galicia competente en materia de enerxía. Os seus obxectivos abranguen iniciativas para a mellora da investigación enerxética en Galicia, actuacións para o seu coñecemento, desenvolvemento e aplicación de novas tecnoloxías; mellora do aforro e a eficiencia; uso racional da enerxía e xestión óptima dos recursos enerxéticos; participación na xestión e prestación de servizos noutros campos sinérxicos ao enerxético, de acordo coas directrices do Goberno no ámbito das súas competencias.
> Instituto Galego da Vivenda e Solo - IGVS
Correspóndelle a realización da política de solo e vivenda da Xunta de Galicia, co fin de garantir os dereitos constitucionais a unha vivenda digna e axeitada e a unha utilización do solo de acordo co interese xeral.
> Instituto Galego de Consumo - IGC
Organismo autónomo que ten como obxetivo a defensa dos consumidores e usuarios protexendo a seguridade, a saude e os lexítimos intereses económicos dos mesmos.
> Instituto Galego de Estatística - IGE
Órgano ao que lle corresponde as funcións de elaboración, publicación e análise de estudios estatísticos referentes a calquera materia referida ás condicións de vida, fins e competencias da Comunidade Autónoma.
> Instituto Galego de Promoción Económica - IGAPE
Encárgase da promoción e do fomento do desenvolvemento de Galicia. Potencia os seus investimentos en innovación e tecnoloxía, estimula as exportacións dos seus productos e achega solucións a problemas específicos.
>Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral - ISSGA
Organismo autónomo que se configura como un órgano técnico en materia de prevención de riscos laborais, a quen lle corresponde a xestión e coordinación das políticas en materia de seguridade e saúde laboral.
> Parque Tecnolóxico de Galicia
É membro da Asociación Española de Parques Tecnolóxicos e está especialmente acondicionado para acoller a empresas e institucións caracterizadas polo seu elevado nivel tecnolóxico e innovador.
Ente público encargado da mellora da xestión e explotación dos nosos portos.
> Servizo Galego de Igualdade - SGI
Ten como obxectivo promover a igualdade de dereitos e a non discriminación entre homes e mulleres, a participación e integración da muller na vida social, cultural, económica e política de Galicia.
> Servizo Galego de Saúde – SERGAS
Organismo do Goberno de Galicia encargado de facilitar os servizos preventivos, asistenciais, rehabilitadores e sanitario-sociais.
> Sociedade Galega do Medio Ambiente - SOGAMA
Coa súa creación abriuse unha nova época na xestión dos residuos sólidos urbanos en Galicia, mediante un sistema tecnolóxicamente avanzado, solidario e respectuoso co medio ambiente.
> Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia
Centro de investigación e estudios territoriais coa arela de implantar un modelo de planificación comarcal que promova un desenvolvemento equilibrado do territorio galego.
> Tribunal Galego de Defensa da Competencia
Organismo autónomo de carácter administrativo adscrito ao goberno galego, dotado de personalidade xurídica e presuposto propio, con capacidade de obrar e plena independencia no exercicio das súas funcións. O fin primordial do TGDC é preservar o funcionamento competitivo dos mercados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, garantindo a existencia dunha competencia efectiva.
Empresa con maioría de capital público dependente da Xunta de Galicia que ten como obxectivo a promoción turística de Galicia.
> Xacobeo
Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo - Pavillón de Galicia - San Lázaro - Santiago de Compostela