Xunta de Galicia

Fondo de Acción Social

A Administración da Xunta de Galicia destina anualmente unha porcentaxe da dotación orzamentaria para custos de persoal á concesión de axudas de carácter social.

A natureza das axudas, o persoal con dereito a percibilas, os criterios de reparto entre os solicitantes e o procedemento para a súa concesión son obxecto de negociación coas organizacións sindicais representadas na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros do Persoal Laboral (CIG, CCOO, UGT e CSIF).

O acordo acadado apróbase polo Consello da Xunta de Galicia e publícase no diario oficial (DOG) con indicación da forma, lugar e prazo de presentación de solicitudes.

Prazos

  • Xeración de solicitudes e presentación en servizos de persoal: do 29 de xullo ata o 8 de agosto
  • Certificar as solicitudes (prazo dos certificadores): ata o 21 de agosto
  • Presentación por rexistro: ata o 2 de setembro

Modificación FAS 2013

Concédese un novo prazo para solicitar a axuda do Fondo de Acción Social ao persoal funcionario ou laboral da Xunta de Galicia que, como consecuencia dunha modificación da relación de postos de traballo da correspondente consellería, pasara durante o ano 2013 a ocupar un posto nunha Axencia Pública Autonómica ou na Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia. Os prazos son:

  • Xeración de solicitudes e presentación en servizos de persoal: 29 de xullo ao 8 de agosto (inclusive)
  • Certificación: ata o 21 de agosto
  • Presentación por rexistro: ata o 2 de setembro

Non obstante, o persoal incluído nesta situación que xa presentara a súa solicitude non terá que facelo de novo.

Contactos relacionados

  • Información sobre o fondo de acción social :

    Teléfono: 012, 981 545 234, 881 999 368, 981 545 912
    Correo-e: fas@xunta.es