Xeración e consulta de reclamacións

Esta aplicación permite a xeración e consulta de calquera tipo de reclamacións de calquera proceso xestionado pola Dirección Xeral de Función Pública.

Presentación de reclamacións

Para xerar unha reclamación no concurso de traslados ten que seguir os seguintes pasos:

  • Se aparece unha mensaxe solicitando a instalación do cliente @FIRMA, prema sobre "ACEPTAR" e peche o navegador despois de que finalice a instalación.
  • A aplicación pediralle primeiro o seu NIF. Deberá introducir o número do NIF e a letra nos cadros correspondentes.
  • A continuación deberá escoller o proceso sobre o que quere reclamar, que neste caso será "Concurso de traslados".
  • Finalmente seleccionará a fase activa do concurso sobre a que quere reclamar, polo que a aplicación mostraralle un formulario da reclamación, que deberá cubrir, premer sobre o botón "Gravar e imprimir", asinala e presentala directamente na aplicación.

A reclamación pode vir acompañada de xustificación documental que deberá ser un documento ou copia electrónica auténtica asinados electronicamente. Se a documentación orixinal está en formato papel, que non fose posible entregar de modo electrónico, deberá presentarse presencialmente en rexistro para que xere unha copia electrónica auténtica do documento.

Consulta de reclamacións

Cada unha das reclamacións presentadas ten asignado un código xerado polo sistema co que pode consultar o estado da súa reclamación en calquera momento.

A resposta á reclamación será visible a partir da publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ou da publicación da adxudicación de postos, segundo sexa a fase na que se presente a reclamación.

No caso de dúbidas xerais ou técnicas pode poñerse en contacto nos teléfonos indicados ou remitir un correo electrónico.