Ir á páxina de inicio Ir á páxina da Xunta
ARTESANÍA

ARTESANÍA

As actividades artesanais forman parte do tecido productivo básico sobre o que se construíu a sociedade moderna e, moi especialmente no caso galego, significan o fío conductor de toda unha cultura. En Galicia, a artesanía ocupa un lugar destacado, non só dende o punto de vista económico, senón tamén cultural, xa que conta cunha gran diversidade de oficios, nos que teñen un lugar destacado as tradicións populares.