Xunta de Galicia

O CSHG celebrará este sábado o primeiro encontro de antigos alumnos con actividades lúdicas e unha conferencia dirixida a profesionais do sector

A apertura do acto central correrá a cargo da secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, que presentará a conferencia ‘Escenarios de Futuro para o turismo. A nosa profesión en dez anos’ de Jeroen Oskam, director de programas do European Tourism Future Institute

A entrada é libre, ata completar aforamento, para todos os profesionais do turismo que se queiran achegar ata as instalacións do Centro Superior de Hostalería de Galicia. Os interesados deben confirmar asistencia no teléfono 981 54 25 19 ou no correo info@cshg.es
 

Santiago, 9 de novembro de 2011.- O Centro Superior de Hostalería de Galicia acollerá o próximo sábado, 12 de novembro, o primeiro encontro de antigos alumnos do centro, un acto organizado polo Club de Antigos Alumnos e o CSHG. Trátase do primeiro evento destas características que terá lugar en Santiago de Compostela, e está dirixido a todos os profesionais de sector do turismo en Galicia. O encontro comezará ás 10,30 horas e incluirá varias actividades lúdicas como cata de chocolates, cata de aceites e diversas actividades de entretemento para todo os públicos.

A entrada é libre, ata completar aforamento, para todos os profesionais do turismo que se queiran achegar ata o Centro Superior de Hostalería de Galicia. Os interesados deben confirmar asistencia no teléfono 981 54 25 19 ou no correo info@cshg.es.

A apertura do acto central deste encontro correrá a cargo da secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, que presentará a conferencia titulada ‘Escenarios de Futuro para o turismo. A nosa profesión en dez anos’ de Jeroen Oskam, director de programas do ETFI (European Tourism Future Institute) pertencente á Universidade de Stenden (Holanda). O ETFI é un instituto de investigación creado por Stenden University en cooperación coas partes interesadas da industria. A súa misión é realizar unha contribución activa e estimulante para o futuro do turismo mediante o uso de metodoloxías de planificación de escenarios.

Jeroen Oskam foi profesor de Lingua e Literatura Española na Universidade de Amsterdam. Posteriormente especializouse no ámbito do Turismo e traballou como profesor na Universidade de Maastricht Hotel Management School e para Zuyd University. Ten ampla experiencia e coñecemento da industria turística do noso país, pois foi director da Escola de Hotelería de Zaragoza durante catro anos.É autor de numerosos articules e publicacións en revistas especilizadas. Entre as súas últimas publicacións destacan Turnaround Management en Hoteis: Armarse contra a crise e A importancia de anticiparse aos feitos, ambos publicados en Hosteltur.

 

Compártao :