Buscador avanzado

SERVIZOS DISPOÑIBLES CON CERTIFICADO DIXITAL  

Información xeral sobre os servizos baseados en certificados dixitais

  • 	.
    .

O obxectivo da Xunta de Galicia é intensificar a dimensión do achegamento da Administración ao cidadán, empregando as novas tecnoloxías e, en concreto, o amplo número de posibilidades que ofrece internet, para poñer en marcha novas iniciativas de solucións de eAdministración.

O obxectivo final é colocar á Administración Autonómica de Galicia á cabeza das Administracións Públicas no emprego e aproveitamento das tecnoloxías da información en beneficio dos cidadáns, empresas e institucións.

A apertura á internet dos sistemas da Xunta de Galicia implica garantir a seguridade das comunicacións dentro dun contorno público, extenso e aberto. Para garantir esta seguridade utilízanse certificados dixitais facilitados pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), que actúa en todo o proceso a modo de notario electrónico.

A utilización do certificado da FNMT posibilita ademais a sinatura electrónica, e como consecuencia dela o non repudio por parte do usuario das interaccións que o mesmo puidera realizar coa Xunta de Galicia.

Co obxectivo de facilitar o acceso aos cidadáns para solicitar os certificados dixitais para persoa física, a Xunta de Galicia está habilitada para actuar como Autoridade de Rexistro da FNMT. Os cidadáns poden presentarse a algunha das oficinas autorizadas  para acreditar a súa identidade e asinar a solicitude do certificado dixital, aceptando as súas condicións de uso.

Teña en conta que se vostede ten solicitado un certificado de persoa xurídica (ou de entidade sen personalidade xurídica) para o ámbito tributario, deberá dirixirse unicamente as Oficinas de Rexistro da Axencia Tributaria.

A Xunta de Galicia está a traballar nun conxunto de proxectos destinados a por ao servizo do cidadán sistemas interactivos a través de internet que, utilizando a sinatura dixital, permitan:

  • Facilitar ao cidadán a interacción coa administración desde distintos lugares (domicilio, posto de traballo, etc.) para que poida presentar instancias, recibir notificacións, realizar trámites diversos, demandar información, en definitiva, acceder a todos os servizos que ofrece a Administración.
  • Facilitar á Administración o contacto co cidadán, diminuíndo ao máximo os tempos necesarios para dita interacción, co obxecto de reducir os tempos de tramitación dos diferentes procedementos.