Unha vez que etrou en vigor a Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, a Presidencia procede a publicar a través da internet, medio ao que cada vez acceden máis cidadáns e que en se mesmo é unha prioridade da Administración, toda a información relacionada coa actividade administrativa no sentido que a propia lei establece.
É importante sinalar que, en xeral, os contidos publicados nestas páxinas son soamente informativos e orientados ao cumprimento dos obxectivos de transparencia. Por iso, para ter acceso aos servizos de xestión asociados, deberá seguirse as indicacións que en cada caso se sinalan.