Unha vez en vigor a Lei 4/2006 do 30 de Xuño de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, a Presidencia procede a publicar a través de Internet, medio ao que cada vez acceden máis cidadáns e que en se mesmo é unha prioridade da administración, toda a información relacionada coa actividade administrativa no sentido que a propia Lei establece.
É importante sinalar que, en xeral, os contidos publicados nestas páxinas son soamente informativos e orientados ao cumprimento dos obxectivos de transparencia. Por iso, para ter acceso aos servizos de xestión asociados, deberá seguirse as indicacións que en cada caso se sinalan.