Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

A guerra das bruxas

RODEIRA | A guerra das bruxas

A guerra das bruxas é unha viaxe lúdica na que, a través dunhas xincanas e unha posterior actividade na web www.aguerradasbruxas.com, os rapaces e rapazas se introducen no mundo da bruxería e dos clans.

A lingua e a comunicación son os grandes protagonistas da actividade. Na xincana, realizada pola empresa Reverso, os participantes representan a catro clans que deben pasar varias probas para conseguir portar o cetro do poder.

Máis tarde, a través da web, os mozos e mozas poderán participar en concursos, tests, xogos, propostas de escrita creativa e actividades relacionadas co texto que inspira esa actuación.

Dos 12 aos 16 anos.

 

Datas:

  • 22/10/2010: no Circuíto da Torre/María Pita, na Coruña
  • 23/10/2010: na praza de Castelao de Rianxo
  • 29/10/2010: no Cantón de Ferrol
  • 30/10/2010: no IES Ramón Cabanillas de Cambados
  • 05/11/2010: no Cantón, en Ferrol
  • 06/11/2010: no parque da Xunqueira de Moaña
  • 12/11/2010: no paseo da Alameda de Santiago de Compostela
  • 13/11/2010: na praza do Concello o no Paseo de Ribeira de Baiona
  • 19/11/2010: no paseo da Alameda de Santiago de Compostela
  • 20/11/2010: no praza do Concello ou na praza da Mariña de Burela
  • 26/11/2010: no parque de Rosalía en Lugo
  • 27/11/2010: no parque de Rosalía en Lugo
  • 03/12/2010: en Ourense, no Parque do Barbaña, ás 16:00 e 17:30 horas
  • 04/12/2010: en Ourense, no Parque do Barbaña, ás 11:00 e 12:30 horas
  • 10/12/2010: en Vigo, na praza da Constitución, ás 16:00 e 17:30 horas
  • 11/12/2010: en Vigo, na praza da Constitución, ás 11:00 e 12:30 horas 
  • 21/02/2011: en Quiroga, no Pavillón Poliderpotivo Municipal, ás 12:30 e ás 13:30 horas

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a