- O Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense de Madrid, en colaboración coa UNED, o Espazo das Linguas Ibéricas e Aturuxo Tenda Galega, presenta un amplo programa de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas.
Mércores, 16 de maio, Seminario 217 de Filosofía (Edificio A):
- 10.45 Presentación do acto: profesora Eugenia Popeanga Presentación do Día das Letras Galegas: profesora María Victoria Navas
11.00 h Valentín Paz-Andrade: a memoria do séc. XX: Tucho Calvo
12.00 h Semblanza de Isaac Díaz Pardo: profesora Carmen Mejía, profesor Ricardo Pichel
12.30 h Onde o mundo se chama Celso Emilio: profesora Ana Acuña. Presenta: María Asunción Covelo
13.00 h Recital poético en homenaxe a Celso Emilio Ferreiro: participan as alumnas da UCM. Presentan: María Asunción Covelo, Ricardo Pichel
Mércores, 16 de maio, Espazo das Linguas Ibéricas: Auditorio “Ambrosio Morales”, Universidade de Alcalá
18.30 h Homenaxe a Isaac Díaz Pardo. Presentación: profesora Carme Lamela. “Isaac Díaz Pardo, un galego imprescindible, patrimonio da humanidade”, Xesús Alonso Montero (lido por Ana Acuña)
Xoves, 17 de maio, Salón de actos das Escolas Pías, Universidade Nacional de Educación a Distancia:
- Conmemoración dos 15 anos do nacemento do Grupo Bilbao (1997-2012)
10.30 h O Grupo Bilbao desde o seu nacemento até a actualidade
16.00 h Os poetas do Grupo Bilbao
Venres, 18 de maio, Aturuxo Tenda Galega
- 19.00 h Presentación do libro Bilbao. Antoloxía bilingüe, editorial Amargord
O programa completo de actividades pode consultarse no blog http://www.galegomadrid.blogaliza.org, creado por un grupo de alumnado do Espazo das Linguas Ibéricas e pola súa profesora Carme Lamela.
![]()
O lectorado de galego da Freie Universität Berlin organiza un ciclo de cine en galego e unha conferencia con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
Ciclo de cine galego, organizado en colaboración co Instituto Cervantes de Berlín, terá lugar entre o 17 e o 21 de maio no cine Babylon.
Venres, 18 de maio e domingo 20 de maio: De profundis e Crebinsky
Sábado, 19 de maio: Doentes e 18 comidas
Luns, 21 de maio, Linguas cruzadasConferencia “Literatura e compromiso”, de María Xosé Queixán, luns 21 de maio, ás 16.00 h, na aula L 115 (Habelschwerdter Allee 45, 14195 Berlin)
Máis información no blog do Centro de Estudos Galegos de Berlín http://galegoenberlin.blogaliza.org
- O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Heidelberg, con motivo do Día das Letras Galegas e en colaboración co Instituto Ramón Llull e co lectorado de catalán, organizan a mesa redonda “A primavera literaria en Galicia e Cataluña”, coa participación da escritora galega María Reimóndez e do escritor aragonés Francesc Serés.
Os escritores presentarán cadansúa novela inédita, En vías de extinción, de María Reimóndez e Mossegar la poma, de Francesc Serés. Amais, abordarán diferentes cuestións sobre produción literaria e a tradución en galego e catalán.
- O Centro de Estudos Galegos e Portugueses da Universidade de Barcelona organiza unha serie de actividades ao longo do mes de maio para celebrar o Día das Letras Galegas.
Conferencia de Elena Brugioni na Facultade de Filoloxía da Universidade de Barcelona:
Conferencia de Elena Brugioni: “Representação, Memória e Pós-colonialidade: uma leitura de O olho de Hertzog de João Paulo Borges Coelho”, 19 de abril de 2012, ás 19.30 h.
João Paulo Borges Coelho, un dos escritores máis interesantes da literatura mozambicana contemporánea, recreou con frecuencia nos seus romances a historia de Mozambique. En O olho de Hertzog, o autor revisa o impacto da Primeira Guerra Mundial, un escenario de narrativa tipicamente europeo, na África austral.
Elena Brugioni é doutora en Literaturas Africanas de Lingua Portuguesa e investigadora no Centro de Estudos Humanísticos da Universidade do Minho - CEHUM. Os seus intereses de investigación inclúen literaturas africanas comparadas e estudos pos-coloniais con particular enfoque nos fenómenos de recepción crítica das literaturas africanas nos contextos europeos.
Conferencia “Valentín Paz Andrade. Galicia labra a súa imaxe”:
Conferencia a cargo do historiador Miguel Anxo Seixas. Presenta o acto Adolfo Sotelo, decano da Facultade de Filoloxía da Universidade de Barcelona.
Xoves, 10 de maio de 2012, ás 19.30 h
Sala del Professorat, 5º andar
Facultade de Filoloxía, Universidade de Barcelona
Aribau 2, 08007 Barcelona
A poeta Olalla Cociña participará en dous actos poéticos da Barcelona Poesía 2012:
Estudos Galegos e Portugueses colabora en dous actos poéticos que se van levar a cabo dentro de Barcelona Poesía 2012. En ambos participará a poeta galega Olalla Cociña (Viveiro, 1979), autora de títulos como As cervicais da memoria, Aquí (intemperies) ou Libro de Alicia.
- Encontro poético O amor pola palabra viva
Luns, 14 de maio de 2012, ás 09:30 h
Aula Capella da Facultade de Filoloxía
Gran Via de les Corts Catalanes, 585, 08007 Barcelona
- Mesa de poetas: Non quero máis palabras para Eros
Luns, 14 de maio de 2012, ás 19:00 h
Centre de Cultura de Dones Francesca Bonnemaison
Sant Pere Més Baix, 7, 08003 Barcelona
Máis información na páxina de Estudis Gallecs i Portuguesos da Universidade de Barcelona: http://www.ub.edu/filgalport
A escritora en lingua galega Inma López Silva visitou o Seminario de Linguas Románicas da Universidade de Kiel para dar unha charla sobre o que significa ser unha literata hoxe en día.
O acto, ao que acoderon unha ducia de persoas, foi presentado polo catedrático Javier Gómez-Montero, que aproveitou a ocasión para facer unha mención ao homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas, Valentín Paz Andrade. Gómez-Montero fixo un percorrido pola vida e a obra do escritor e explicoulles tamén aos alumnos e alumnas presentes o significado do Día das Letras Galegas.
Inma López Silva falou no acto sobre temas como o conflito lingüístico existente na sociedade galega, a chamada literatura de muller e os retos de futuro que se lle presentan a ela como escritora en lingua galega.
Aproveitando a súa visita ao CEG de Kiel, Inma López Silva participará na Casa da Literatura de Schleswig-Holstein na X Edición do Festival Europeo da Primeira Novela co seu libro Memoria de cidades sen luz.
Os centros de estudos galegos das universidades de Padua e La Sapienza de Roma, en colaboración coa Facultade de Letras da Universidade de Perugia, organizan o I Seminario Internacional de Estudos Galegos. Lingua e literatura contemporánea: perspectivas de busca.
Día: martes 8 de maio
Hora: 15.00 h
Lugar: Sala Folena, Universidade de Padua

