Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Áreas galegofalantes fóra de Galicia

Programa de ensino en galego en Sanabria e no Bierzo

Os alumnos de primaria e de secundaria do Bierzo e de Sanabria poderán seguir o programa de ensino en galego no curso escolar 2009/2010

Información sobre la oferta de enseñanza en gallego en El  Bierzo y Sanabria

Información sobre a oferta de ensino en galego no Bierzo e Sanabria
 

Áreas galegofalantes fóra de Galicia

O galego é lingua oficial en Galicia, pero o seu uso esténdese máis alá das fronteiras administrativas. Chámaselle galego estremeiro ao galego falado historicamente en territorios da antiga Gallaecia, que hoxe pertencen ás provincias de Asturias, de León e de Zamora.

Na comunidade de Extremadura existe tamén un pequeno núcleo (Val do Xálima) de tres lugares nos que se fala unha variedade da lingua galega: Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello. O galego destes territorios parte dunha situación de desequilibrio con respecto ao da Galicia administrativa, tanto no recoñecemento dos dereitos lingüísticos dos falantes como nas medidas de protección e promoción da lingua galega.

Orde de 14 de xuño de 2000 da Consellería de Cultura de Extremadura, pola que resolve incoar expediente para declaración, de "A Fala" como ben de interese cultural e Decreto 45/12001, de 20 de marzo, polo que se declara Ben de Interese Cultural.

O Estatuto de Autonomía de Castilla y León sinala que “gozarán de respeto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen”. Existen neses territorios grupos concienciados que traballan na defensa da lingua galega e hoxe introduciuse a súa aprendizaxe nalgúns centros escolares. Así e todo, é aínda un obxectivo garantir a formación en lingua galega nos centros de ensino das comunidades de fala galega de fóra de Galicia e tamén o acceso aos medios de comunicación públicos galegos. A Secretaría Xeral de Política Lingüística presta a axuda demandada por estas comunidades para o mellor coñecemento, conservación e progreso da lingua que nos é común.

  

Relación de concellos nos que se fala galego

Asturias

Allande, Boal, Castropol, Coaña, Eilao, El Franco, Grandas de Salime, Ibias, Navia, Pezós, San Martín de Ozcos, Santalla de Ozcos, Santiso de Abres, Tapia de Casarego, Taramundi, A Veiga, Vilanova de Ozcos e Villaión.

Castilla y León

León: Arganza, Barxas, Benuza, Borrés, Cacabelos, Camponaraia, Candín, Carracedelo, Carucedo, Corullón, Fabeiro, Oencia, Peranzais, Ponte de Domingos Flórez, Ponferrada, Priaranza, Sobrado, Sobradelo, Toural dos Vados, Trabadelo, Valboa, Veiga de Espiñareda, Veiga de Valcarce, Viladecais e Vilafranca do Bierzo.

Zamora: As Pías, Porto, Lubián, Hermisende e Peñalba de la Pradería (lugar de Calabor).

Extremadura

Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello.

 

Estudar galego nas comunidades estremeiras

 Aprender galego nas comunidades estremeiras

 

Información de utilidade na rede

Asociacións para a defensa do galego

no Bierzo: Asociación Xarmenta,  Asociación Falaceibe

nos Tres Lugaris: Alén do val.

en Asturias: Mesa prá Defensa del Galego de Asturias, Asociación Abertal

Outras ligazóns

Publicacións do galego de Asturias: http://librosdeleonavia.blogspot.com/

Aproximación lingüística ao galego estremeiro en Vieiros

Aproximación lingüística ao galego dos Tres Lugaris en Vieiros

http://www.degalicia.org/planeta-galego

Proxecto Hablas de Extremadura

 


 

Histórico

O galego nos territorios limítrofes

 

Título V

DO GALEGO EXTERIOR

Artigo 21

1. O Goberno galego fará uso dos recursos que lle confiren a Constitución española e o Estatuto de autonomía para que os emigrantes galegos poidan dispoñer de servizos culturais e lingüísticos en lingua galega. 2. Así mesmo fará uso do previsto no artigo 35 do Estatuto de autonomía co fin de protexer a lingua galega falada en territorios limítrofes coa Comunidade autónoma.

Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística

 

Fronteiras

En google, o documental Fronteiras, de Rubén Pardiñas, sobre o galego no exterior.

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a