Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Tres historias para ver... e aprender!

    Velaquí tres fermosas curtas de animación para gozar e traballar nas escolas infantís ou en familia: Os sete cabritos, A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos. A Secretaría Xeral de Política Lingüística anima o profesorado a utilizalos xunto coas propostas didácticas que os acompañan. E os pais e nais, a gozar deles cos seus pequenos.

    Estes audiovisuais, desenvolvidos por OQO Editora, foron enviados recentemente en formato DVD a todos os centros educativos de Galicia que imparten educación infantil.


    Audiovisual Os sete cabritos

     

    Audiovisual A pota que trota

    Audiovisual Fiz, o coleccionista de medos

     

     

     
    Propostas didácticas
    Elaboradas por profesionais con ampla e recoñecida traxectoria na educación infantil, estas propostas desenvolven o currículo desta etapa educativa co obxectivo fundamental de contribuír ao desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística.

    Os nenos e nenas, ademais de escoitaren un modelo de fala de calidade na narración, poderán expresarse, manifestar preferencias e sentimentos, dialogar cos compañeiros, narrar... para desenvolver as competencias activas.

      Proposta didáctica para Fiz, o coleccionista de medos

     

    Educadores e transmisores da lingua

    Estes materiais creáronse como apoio aos docentes e queren todo o seu dinamismo e coñecementos para completaren a súa función. Para que cumpran o seu obxectivo é imprescindible non limitar a actividade a unha proxección, senón acompañala dun traballo que promova o diálogo e as accións que garantirán a comprensión e a produción de lingua.

    Esperamos que estes audiovisuais contribúan a construír unha experiencia interesante e divertida, cun clima de aula en que impere a confianza e o afecto, o clima axeitado para aprender lingua.

     

     

     


    Destacados anteriores

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a