Neste apartado os profesores de galego atoparán actividades para desenvolver nas súas aulas de lingua galega. Trátase dunha ferramenta colaborativa na que todos os profesores que o desexen poden facer as súas achegas co fin de contribuír á creación dun banco de actividades de aula adecuadas aos novos modelos de ensino do galego.
Todos os profesores que participen na creación do banco de actividades recibirán un certificado de colaboración no deseño de actividades para o ensino do galego. Para que as actividades sexan publicadas na rede pasarán un control de contidos e de metodoloxía.
Normas para a creación de actividades
1. A actividade debe estar apoiada no marco teórico do Enfoque comunicativo.
2. A actividade deberá traballar, polo menos, unha das catro destrezas: expresión oral e escrita, comprensión oral e escrita.
3. Os campos que se establecen na ficha descritiva non teñen que ser cubertos na súa totalidade. Así e todo, é conveniente marcar o maior número de campos para facilitar as buscas especializadas entre os usuarios do banco de actividades.
4. Os contidos e os procedementos propostos na actividade deben ser respectuosos co universo da aula e favorecer valores positivos.
5. Valorarase especialmente que as mostras de lingua sexan reais. Evitaranse construcións fóra do uso cotián do galego.
- Actividades de expresión oral
- Actividades de desinhibición
- Actividades de reflexión sociolingüística
galego, lingua galega, idioma galego, gallego, lengua gallega, idioma gallego
