Os topónimos de Galicia teñen como única forma legal a galega.
Establéceo a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG 14.07.1983), que di:
1. Os topónimos terán como única forma oficial a galega.
2. Correspóndelle á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia. O nome das vías urbanas será determinado polo Concello correspondente.
3. Estas denominacións son as legais a todos os efectos e a rotulación terá que concordar con elas. A Xunta de Galicia regulamentará a normalización da rotulación pública respectando en todos os casos as normas internacionais que subscriba o Estado.
