Secretaría Xeral de Política Lingüística

Cal é o procedemento para obter a habilitación directa?

 

1. Entrega da documentación requirida. A documentación requirida, xunto co modelo de solicitude, pódese entregar en calquera rexistro da Administración, para a súa remisión á Secretaría Xeral de Política Lingüística, ou ben enviala por correo postal ao seguinte enderezo: Secretaría Xeral de Política Lingüística. R/ Pastoriza, n.º 8, 15781 Santiago de Compostela.

2. Tramitación. Unha vez recibida nesta secretaría xeral a documentación solicitada, procederase á súa tramitación e comunicaráselle ao/á interesado/a, vía correo postal, con xustificante de recepción, o día e hora na que debe acudir ás dependencias da Secretaría Xeral de Política Lingüística a recoller o carné acreditativo da súa condición de tradutor/a e intérprete xurado/a de galego.

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a