Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Canta cos Axóuxeres 2007

Debuxo dun axóuxere   Debuxo dun chupete   

Os Encontros e As Festas dos Axóuxeres procuran favorecer espazos e ferramentas que animen as nais e os pais a transmitírenlles o galego aos seus fillos. Nestas actividades dos Axóuxeres veñen participando distintos artistas do país, unindo palabra, emoción e música.  Mercedes Peón, Uxía ou Guadi Galego son as encargadas, nesta xeira, de sentar ao carón dos bebés e acompañantes, sen micrófonos nin barreiras, para animalos a cantar e a gozar co galego.

Tanto se asistiches como se non a algún destes encontros, propoñémosche que organices un deles na túa casa co teu neno ou nena. Velaquí tes as letras das cancións e mesmo a música dalgunhas delas descargable en mp3, para que as escoites e cantedes tantas veces como queirades.

Señor Noé (canción de Uxía en Canta cos Axóuxeres 2007)

Descarga a canción en mp3

Aí vai o Señor Noé
comandando o batallón,
o mono vai sentado
na cabeza do león

O gato fai miau, miau, miau, miau
O can fai guau, guau, guau, guau
Perú fai gluuu
Carneiro fai meee
E o galo, cando quer,
quequere queque queque

Arrerú (canción de Uxía en Canta cos Axóuxeres 2007)

Descarga a canción en mp3Unha parella mirando un berce

Laralará…

Arrerú, arrerú
cunha tranquiña no cu;
sairán os vellos todos
quedaremos eu e tu.
Arrerú, arrerú

Rou, rou, xouxigou,
tu que vas e eu que vou;
rou, rou, xouxigou,
tu que vas e eu que vou;
rou rou xouxigou

laralará…

Alecrín (canción de Uxía en Canta cos Axóuxeres 2007)

Nai dándolle o peito a un bebéDescarga a canción en mp3

Alecrín, alecrín dourado                   
que naceu no monte                       
sen ser sementado (bis)    

Ai, meu amor
quen che dixo a ti
que a flor do campo
era o alecrín? (bis)

Alecrín do meu corazón                  
por causa de ti                               
fixen esta canción (bis)        

Ai, meu amor
quen che dixo a ti
que a flor do campo
era o alecrín? (bis)

Caranguexo (canción Canta cos Axóuxeres 2007)

Nai collendo no colo ao seu bebéCaranguexo non é peixe
caranguexo peixe é,
caranguexo non é peixe
na enchente da maré.

Palma, palma, palma;
pé, pé, pé;

roda, roda, roda;
caranguexo peixe é.

Patos, polos e galiñas (canción Canta cos Axóuxeres 2007)

Patos polos e galiñas van,
correndo polo galiñeiro están
perseguidos barbaramente
polo patrón
pomporompóm

Patos polos e galiñas fan
unha revolta do reino animal
perseguindo barbaramente
o seu patrón
pomporompóm

 

O noso agradecemento ás artistas pola súa colaboración na creación deste espazo para facilitar que as familias sigan cantando na casa.

galego, lingua galega, idioma galego, gallego, lengua gallega, idioma gallego

 

 


logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a