Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Celebra o teu aniversario

Ofrecémosche algunhas ideas para que na data de celebración do teu aniversario non che falte detalle ningún. Que o pases moi ben e que de hoxe nun ano o volvas celebrar cunha boa festa! 

 

Prepara a túa festa

Torta de cumpreanos con candeas de cores

 

Unha festa de aniversario leva o seu traballo. Hai unha serie de cuestións que non deberías de esquecer para que todo saia a rachar:

 - antes de nada, lembra pedirlles permiso aos teus pais

- que día é mellor para celebralo? Un venres á tarde? Un sábado? Pola semana?

- cantas persoas collen na miña casa?

- a quen vou convidar?

- que preparamos de merenda?

- prepara algún xogo divertido para pasar a tarde. Unha idea pode ser argallar xogos tradicionais nos que poidades participar todos, como a corda, a mariola, as chapas, o gato e o rato... tes unha chea deles! Trátase de pasalo o mellor posible.  

 

 

Convite

Desde que teñas claro que amigos vas convidar á túa festa, pódeslles enviar un convite co día e mais a hora no que vas celebrar o aniversario.

Así podes estar seguro de que non se van esquecer. Oíches? Que non deixen de confirmarche a súa asistencia! Tes que saber cantos ides ser!

Aquí che propomos un convite moi especial, cos debuxos dos simpáticos Bolechas, que xa coñeces. Abofé que cun convite coma este así non che ha faltar ninguén. Ademais, nel podes poñer todos os datos que lle interesan aos teus amigos:

- o lugar onde se celebra a festa

- a data e a hora da celebración

- o teu teléfono para confirmar a asistencia

- o teu correo electrónico por se che queren comentar algo

Descarga aquí as invitacións.

 

       
Canción

Unha das cousas fundamentais que non debe falta en todo aniversario é unha boa torta para servir mentres se canta Parabéns para ti. Se non sabes a letra, velaquí a tes:

Letra para cantar no aniversario

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a