Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Centenario da morte de Curros Enríquez

Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova o 15 de setembro de 1851. Exerceu o xornalismo como medio de subsistencia. Pasou tempadas en Madrid e outras en Ourense. En 1894, obrigado polas dificultades económicas, marchou para Cuba, onde traballou con intensidade en prol da cultura galega. Finou na Habana o 7 de marzo de 1908.

De ideario político federalista e progresista, participou na proclamación da I República española en 1873, adheríndose máis tarde ao rexionalismo galego. En 1875, contribuíu á fundación en Madrid da sociedade Galicia Literaria, primeiro xermolo dun colectivo de escritores galegos.

Na illa do Caribe desenvolveu un amplo labor cultural no seo da colectividade galega emigrada. En 1894, fundou o periódico La Tierra Gallega, do que había ser director. Debido ao seu pulo, creouse en 1905 na Habana a Sociedade Protectora da Academia Galega, froito do cal se constituíu ao ano seguinte a Real Academia Galega.

A súa produción literaria en galego intégrana, amais doutros textos, os libros Aires da miña terra (1880) e O divino sainete (1888). Poeta comprometido, puxo a pluma ao servizo das ideas progresistas, republicanas e federalistas.

A súa obra converteuno nun dos piares do noso Rexurdimento e contribuíu decisivamente ao renacer da nosa literatura e da nosa lingua. A súa orixinalidade radica en que foi dos primeiros autores en escribir poesía narrativa en galego –"A Virxe do Cristal" (1877)–, comezou a poesía de compromiso social cos oprimidos, no primeiro libro, e iniciou a vertente satírica na literatura galega moderna, no segundo libro.

O seu labor creativo reafirmou as posibilidades literarias do galego e axudou a consolidar un modelo de lingua culta. A preocupación e o coidado lingüístico están presentes na súa obra, caracterizada pola enxebreza e a riqueza idiomática.

Gozou de gran popularidade e foi obxecto de homenaxes multitudinarias: en Madrid, o 27 de marzo de 1893; na Coruña, o 21 de outubro de 1904 e o 2 de abril de 1908, co gallo esta do traslado dos seus restos mortais ao cemiterio de Santo Amaro.

Obras

  • A Virxe do cristal (1877)
  • Aires da miña terra (1880)
  • Eduardo Chao: estudo biográfico-político
  • El maestre de Santiago
  • O divino sainete (1888)
  • Paniagua y compañía. Agencia de sangre

 

Actos previstos para celebrar o centenario da morte de Curros

7 DE MARZO NA CIDADE DA CORUÑA:

11.30: ofrenda floral no cemiterio de San Amaro

  • Colocación do ramo de flores na tumba
  • Interpretación da "Alborada de Celanova" polo grupo de Gaitas O gaiteiro de Penalta
  • Recitado de poemas de Aires da miña terra polo alumnado dos colexios Curros Enríquez e Sagrado Corazón de Celanova, Curros Enríquez de Pazos de Borbén (Pontevedra) e Curros Enríquez de Coruña
  • Interpretación da Danza de Vilanova dos Infantes (A Redonda), polo grupo de gaitas O gaiteiro de Penalta
  • Interveñen: Concelleira de Cultura da Coruña (María Xosé Bravo), Director Colexio Curros Enríquez da Coruña (Xosé Ramón Mouriño), Presidente da Asociación da Prensa da Coruña (Manuel González), Presidente da Fundación Curros Enríquez  (Antonio Mouriño Villar)
  • Interpretación da Marcha do Himno Antergo polo grupo de gaitas O gaiteiro de Penalta
  • Visita ao Colexio Curros Enríquez e á Real Academia Galega

13.30: presentación do Premio Celanova, Casa dos Poetas na Real Academia Galega          

  • Recepción: presidente da Real Academia Galega
  • Lectura da acta: presidente da Fundación Curros Enríquez
  • Lectura poética: Luís González Tosar, (presidente do Pen Clube de Galicia)
  • Interpretación musical da "Cantiga" polo violinista Kamo Petrosyan

16.00: Ofrenda floral diante do Monumento dos Xardíns de Méndez Núñez             

  • Presentación do acto
  • Escenificación musicada do poema "O Maio", Alumnos do CEIP Curros Enríquez da Coruña.
  • Intervención do Presidente da Real Academia Galega
  • Actuación de clausura da xornada polo grupo de gaitas O gaiteiro de Penalta.

 

8 DE MARZO EN CELANOVA:

 12.00: homenaxe da Secretaría Xeral de Comunicación ao Curros xornalista no Mosteiro de Celanova

Curros, periodista

Participan:

  • Xesús Alonso Montero: Curros: poesía, xornalismo e compromiso
  • Fernando Salgado: Curros reporteiro de guerra: El Imparcial
  • Xosé Luís Axeitos: Arredor dun artigo inédito de Curros
  • Marcos Valcárcel: Curros nos xornais de Ourense e Celanova
  • Rosa Aneiros: Curros en Cuba: Diario de La Marina
  • Xosé López: Curros en Cuba: La Tierra Gallega

Proxección do vídeo "Curros e a orixe do Himno Galego"

Actuación musical de Luis Emilio Batallán

5, 6 e 7 DE MARZO NA HABANA NO SALÓN DO CEPES (PARQUE DOS CABEZÓNS):

Día 5 de marzo: inauguración

9.00: Presentación do evento polo Dr. Eduardo Torres-Cuevas, presidente da Casa de Altos Estudios Fernando Ortiz. Conferencia maxistral a cargo da Dra. María del Carmen Barcia (Casa de altos Estudos Don Fernando Ortiz, Universidade da Habana).

10.30: Conferencias

Os escabrosos camiños do achegamento hispano-cubano durante a primeira década do século XX. Katia Figueredo Cabrero (Dpto. de Historia Xeral, Universidade da Habana).

Curros Enríquez: España, Cuba e Galicia. Janet Iglesias Cruz (Casa de altos Estudos Don Fernando Ortiz, Universidade da Habana).

Documental: 100 anos do himno galego 1907-2007. Ángela Oramas (xornalista e escritora).  
      

Día 6 de marzo: historia

09.00: Conferencias           

Movemento migratoria e redes en Cuba. Liliette Mompellier Vázquez (Dpto. de Historia de Cuba, Universidade da Habana).

Curros Enríquez e a súa relación cos escritores en Cuba. Jorge Domingo (Instituto de Literatura e Lingüística).

Españois e Cubanos na Masonería. Manuel Curros Enríquez. Javiher Gutiérrez Forte (Casa de Altos Estudos Don Fernando, Universidade da Habana).

 10.30: Conferencias          

A sociedade: Curros Enríquez e a revista homónima. Dania Vázquez Matos (Fondo Galego do Instituto de Literatura e Lingüística).

Curros visto por Fuco G. Gómez. Dr. Julio González Pagés (Universidade da Habana).

Escoitando o rumor dos piñeiros dende Cuba. Simboloxía de Galicia na Habana. Janet Iglesias Cruz (Casa de Altos Estudos Don Fernando Ortiz, Universidade da Habana).

Deportes e galegos a inicios do século XX. Santiago Prado.

Día 7 de marzo: lingua e literatura

09.00: Conferencias            
Curros na prensa cubana. Presentación de edicións facsimilares da prensa galego do período. Davilex Santos (Cátedra de Cultura Galega. Facultade de Artes e Letras. Universidade da Habana).

Visión de Curros Enríquez na prensa cubana. Yolanda Vidal Felipe (Fondo Galego do Instituto de Literatura e Lingüística).

A Asociación Iniciadora e Protectora da Real Academia Galega. Dra. Marisela Pérez e Lcda. Arantxa Fernández (Cátedra de Cultura Galega. Facultade de Artes e Letras. Universidade da Habana).

Presentación do libro Los gallegos de La Habana, de Ángela Oramas.

10.30: Conferencias  

O Rexurdimento na literatura galega. Dr. José A. Baujín (Facultade de Artes e Letras. Universidade da Habana).

O divino sainete de Curros Enríquez. Lcda. Yanelis Velazco (Facultade de Artes e Letras. Universidade da Habana).

Clausura: velada cultural e musical sobre poemas de Curros. Rodolfo Alpízar Jr. (Cátedra de Cultura Galega. Facultade de Artes de Letras. Universidade da Habana). 


logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a