É moi sinxelo. Para facer o cambio na partida de nacemento, cómpre acudir ao Rexistro Civil onde estea rexistrado e solicitar unha fe de vida. Des que se estea en posesión desa fe de vida, preséntase no mesmo rexistro unha instancia, cunha fotocopia do DNI e mais da fe de vida, solicitando a restitución da forma galega correcta ou do cambio de nome pola correspondente forma galega, ao abeiro da Lei 40/1999, do 5 de novembro. Feito isto, solicítase a acreditación do rexistro como certificación dese cambio.
Para modificar o DNI, cómpre dirixir unha instancia coa solicitude de cambio á comisaría que o expediu, acompañada da acreditación do Rexistro Civil.
