Secretaría Xeral de Política Lingüística

Está vostede en Inicio

Concurso de presentacións electrónicas de Nadal

Xa temos os traballos gañadores do concurso de presentacións electrónicas de Nadal 2011.

Parabéns aos premiados e premiadas desta segunda edición do certame, para a que recibimos preto de 300 propostas de alta calidade. A todas e a todos, moitas grazas pola vosa participación e por contribuírdes a que a lingua galega estea presente na celebración destas datas e tamén no ámbito das tecnoloxías.

A seguir, podedes ver as presentacións gañadoras: o primeiro premio, o segundo premio e un terceiro premio compartido. Esperamos que vos gusten e que vos animedes a espallalas a través da rede para felicitar estas festas.

Lembrade, que ademais destas presentacións, tamén podedes enviar postais de felicitación personalizadas desde www.postaisengalego.com 

 

Bo Nadal!

 Descarga a presentación co 1º premio

 

 Descarga a presentación co 2º premio

 

Descarga a presentación co 3º premio

 

Descarga a presentación co 3º premio 

 

 

GALERÍA DE PRESENTACIÓNS SELECCIONADAS

               

            

           

           

 

 

IMPORTANTE: as presentacións móstranse nos seus formatos orixinais (.odp, .ppt, .pps etc). Para visualizalas, cómpre ter instalados os programas correspondentes

Bases do concurso de Nadal 2011

Traballos gañadores 2010


 Destacados anteriores

logotipo da Xunta de Galicia\
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia.
Información administrativa e atención ao cidadán  | Suxestións e queixas  | Aviso legal  | Atendémolo/a