Cóntanos as súas anécdotas máis divertidas, comparte consellos con outros pais e nais ou fálanos das preguntas máis curiosas coas que che sorprendeu o teu pequeno. Publicarémolos no web e, entre os participantes, sortearemos a finais de ano catro lotes de produtos de lecer infantís en galego.
Cóntanos ti. Preme nalgunha destas seccións para responderes.
"Abuela Lolita dime que se fago a 1ª comunión vaime regalar unha Nintendo DS, e cando faga a 2ª, que me vai regalar?. Eu
"Esta fin de semana, o meu fillo de 18 meses decidiu arrequecer o seu caudal léxico con tres novos verbos: para que o subísemos no colo empezou a dicir 'arríbame'; para que seu padriño lle dese de beber, dixo 'áugame'; para que eu o puxese ao peito, dixo 'tétame'". Beatriz
"A miña neta de cinco anos, ata hai ben pouco chamáballe 'sangratorio' ao 'sanatorio'". Isabel
Maruxa descubriu unha palabra nova ao ir xogar á pelota cos veciños: "Papá, pelota en castelán dise fúbol". Maruxa
"Mama, mamá ponme os debuxos de POUCOEU" (pocoyo). Eu
Pelouriño. Álex
Parruliña. Minia
Miña cousiña. María
Golfiños. É un espectáculo dunha cantante e un músico que fan concertos moi divertidos para os bebés e non tan bebés. Tiven a oportunidade de velos en Pontevedra no Salón do Libro, e todos os nenos e nenas estaban enganchadísimos coa rapaza que canta. Non sei se teñen disco pero se tedes a oportunidade non volo perdades.
CD Lulavai. É un disco de catro rapazas que tocan a arpa e cantan con moito gusto.A miña nena desfruta moitísimo escoitándoas desde que naceu. Moi relaxante e algún que otro tema animado.
Na casa encántanos o libro-disco A nena e o grilo. Tenvos música de calidade, que lles gusta aos nenos, pero tamén a nosoutros, os papás. Xosé
Contos en cantos acompáñanos no coche moitos días e cantamos chocolata a pleno pulmón. É un libro disco que tamén ten DVD, con cancións feitas a partir dos contos de OQO. Tamén son boa compaña para os traxectos longos os audiocontos que edita Galaxia, con contos de toda a vida: O galo Quirico, por exemplo, encántalle ao noso fillo. Están ben gravadas e con moi boa calidade na lingua, que tamén se agradece. Recomendámosvolos! Víctor
Os Bolechas. Rocío
Foi unha fantástica redescoberta a que fixemos co noso pequerrecho dos Fuxan os ventos. Escóitaos dende os dous meses e segue gustándolle. Unha recomendación: Merla merliña. Alberto




